Atopia
Atopia | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() Eccema nos brazos dun doente de dermatite atópica. | |
ICD-10 | T78.4 |
OMIM | 147050 |
DiseasesDB | 34489 |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Atopia (do grego, ἀτοπία - fóra de lugar, sen lugar, infrecuente, extraordinario), tamén coñecida coma atopía ou síndrome atópica, é o termo co que se define a predisposición a desenvolver certas alerxias mediadas por reaccións de hipersensibilidade.[1] Malia existir un compoñente xenético ou hereditario, cómpre que se estableza previamente un contacto co axente alerxénico causante de dita hipersensibilidade.[2]
O concepto de atopia foi descrito por vez primeira por Coca e Cooke en 1923 para describir unha tendencia familiar para producir anticorpos da classe IgE contra alérxenos ambientais, xeralmente proteínas.[3] O termo atopia non é sinónimo de "alerxia", pois describe exclusivamente unha "predisposición". As doenzas atópicas máis representativas son a asma, a rinite alérxica (ou rino-conxuntivite), e a dermatite atópica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dorlands Medical Dictionary:atopy".
- ↑ "Mosby's Medical Dictionary:atopy".
- ↑ Coca, A. F., & Cooke, R. A. (1923). On the classification of the phenomenon of hypersensitivities. J Immunol 8(163-82).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Case Studies in Environmental Medicine (CSEM): Environmental Triggers of Asthma Arquivado 23 de setembro de 2006 en Wayback Machine. – Agency for Toxic Substances and Disease Registry, Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos (en inglés).