Saltar ao contido

Audible (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Audible
Ficha técnica
Título orixinalAudible
DirectorMatthew Ogens
ProdutorGeoff McLean
IntérpretesAmaree McKenstry-Hall
MúsicaJackson Greenberg
FotografíaBilly Pena
MontaxeDarrin Roberts
EstudioFilm 45
DistribuidoraNetflix
Estrea1 de xullo de 2021
Duración39 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt12771540 Rottentomatoes: m/audible Netlix: 80219704 Editar o valor en Wikidata

Audible é unha curtametraxe documental estadounidense de 2021 dirixido por Matthew Ogens. Creado por Netflix foi nomeado ó Óscar á mellor curtametraxe documental na 94ª edición dos premios.

Conta a historia do deportista xordo Amaree McKenstry-Hall do Maryland School for the Deaf e a súa loita xunto cos seus compañeiros de equipo para defender a súa racha de vitorias, ao mesmo tempo que se enfrontan á tráxica perda dun amigo íntimo por mor do suicidio.[1][2]

O documental segue a outros estudantes no campus da escola en Frederick, Maryland e a vida persoal de McKenstry-Hall. En 2020 McKenstry-Hall completou os seus estudos en MSD.[3]

O filme estreouse o 1 de xullo de 2021, e recibiu un nomeamento ó Óscar á mellor curtametraxe documental na 94ª edición dos premios.[4][5][6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]