Saltar ao contido

Audiencia Provincial da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede da Audiencia Provincial da Coruña no edificio da antiga Fábrica de Tabacos.

A Audiencia Provincial da Coruña é o órgano xudicial superior da provincia da Coruña.

Seccións

[editar | editar a fonte]

A Audiencia Provincial da Coruña coñece de asuntos civís e penais. Conta con seis seccións: tres civís (3, 4 e 5) e dous penais (1 e 2).[1][2]

Fachada frontal e reloxo da Audiencia Provincial da Coruña.

A Audiencia Provincial ten a súa sede, dende 2017, no edificio da antiga Fábrica de Tabacos da cidade da Coruña. Porén a sección sexta, que se ocupa de asuntos civís e penais, ten a súa sede en Santiago de Compostela.

Presidencia

[editar | editar a fonte]

O actual presidente da Audiencia Provincial da Coruña é, dende 2019, o maxistrado Ignacio Picatoste.[3][4]

Os maxistrados que desempeñaron a presidencia da Audiencia Provincial da Coruña con anterioridade a Ignacio Picatoste foron: José Luis Seoane Spiegelberg (2006-2019), Ángel Judel Prieto (1996-2006), José María Cabanas Gancedo (1991-1996), Juan José Reigosa González (1986-1991) e Emilio Celorio Sordo (1970-1986).

Referencias

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]