Audoíno de Lombardía
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | 566 |
Relixión | Paganismo e arianismo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Rei dos longobardos (546–560) |
Familia | Gausos |
Cónxuxe | Rodelinda |
Fillos | Cleph, Ealhild (?), Bruder oder Schwester (?), Alboíno, Grasulfo de Friúl |
Pais | Authari (?) e Menia |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Audoíno (en longobardo: Aldwin ou Hildwin, en latín: Audoinus; tamén chamado Auduin o Audoin) foi un rei longobardo do século VI que gobernou entre o 547 e 563.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pertencente á estirpe dos gausos, segundo a Historia Langobardorum, era fillo de Menia, a esposa longobarda de Basinus, rei dos Turingii,[1]e medio irmán do rei Hermanfredo de Turinxia e Radegunda, a esposa do rei longobardo Wacho.
Segundo Procopio de Cesarea, (Historia das Guerras V, 13), trala morte de Hermanfredo, a súa viúva, Amalaberga, fuxiu cos seus fillos Amalafredo e Rodelinda cara Italia onde seu irmán Teodato era, nese momento (534-36), rei dos ostrogodos.[2] Polo 539, durante as Guerras góticas, estes, foron capturados polo xeneral bizantino Belisario e enviados a Constantinopla. Aló, Xustiniano converteu a Amalafredo en xeneral e casou a Rodelinda con Audoino.[3]
Á morte do soberano letingo Wacho e cando Valtari o seu fillo menor de idade subiu ao trono, Audoíno asumiu o papel de rexente (sobre 540). Conduciu aos longobardos a Pannonia, onde foron asentados por Xustiniano e, cara ao 541, convértese en federado do Imperio Bizantino, obtendo un fœdus do emperador Xustiniano quen lle outorga a Pannonia e a Nórica así como subsidios a cambio de defender a fronteira do Danubio fronte os francos.
Cando, de alí a pouco, tamén morre Valtari, aínda novo (547), Audoíno non respectou os dereitos dos outros parentes do defunto soberano e proclamouse rei. Consumado o cal, porén, foi aceptado sen demasiadas desordes polo pobo longobardo que, neste período de pleno ascenso, estaba situado na Pannonia.
A partir de 551, debeu enviar tropas a Italia ao servizo de Narsés, nas chamadas Guerras góticas, contra os ostrogodos e en 552 non foron menos de 5 000 guerreiros longobardos os que participaron na derrota ostrogoda nas abas do Vesuvio. Ese mesmo ano, Audoíno conseguira vencer tamén aos xépidos coa axuda do seu cuñado Amalafredo:[4] o rei dos xépidos, Turisindo, perdeu ao seu fillo marior, Turismundo, na batalla de Asfeld, durante a cal foi morto por Alboíno, o fillo de Audoíno.
Morto sobre o 563, foi o pai do rei Alboíno, que levou aos longobardos a Italia.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brandes, Wolfram (2005). "Das Gold der Menia: Ein Beispiel transkulturellen Wissenstransfers". Millennium 2 (Berlín: De Gruyter) (2): 175–227. ISSN 1867-0318.
- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos Longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán 1992). I, 22.
- Procopio de Cesarea (2007). Flores Rubio, José Antonio, ed. Historia de las Guerras. Guerras Góticas. Libros V-VI. Colección: Biblioteca clásica Gredos, nº 355 (en castelán). Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-2862-9.
- Origo gentis Langobardorum, ed. G. Waitz in Monumenta Germaniae Historica SS rer. Lang. § 5.
- Wolfram, Herwig (1997). The Roman Empire and Its Germanic Peoples (en inglés). Berkeley: University of California Press. ISBN 0520085116.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Valtari |
Audoíno de Lombardía | Precede a: Alboíno |