Saltar ao contido

Auga mineral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A auga mineral[1] é a auga de manancial que contén substancias minerais disoltas.[2] Estes minerais alteran o seu sabor ou danlle un valor terapéutico. Sales, compostos sulfurados e gases están entre as substancias que poden estar disoltas na auga. A auga mineral pode ser preparada ou pode producirse naturalmente.

Tradicionalmente, a auga mineral era usada ou consumida directa do seu illó, o que comunmente se coñecía como tomar as augas ou tomar a cura, e devanditos sitios eran referidos como termas, balnearios (spa), baños ou augas. Frecuentemente, un activo centro turístico medraría ao redor dun sitio de augas minerais (aínda en tempos antigos, como Bath). Tales desenvolvementos turísticos resultaron en vilas termais e hoteis balnearios.

En tempos modernos, é moito máis común que as augas minerais sexan embotelladas na fonte e distribuídas para o seu consumo. Existen máis de 3.000 marcas de auga mineral dispoñíbeis comercialmente a nivel mundial.[3]

Contidos minerais

[editar | editar a fonte]
Auga mineral lixeiramente carbonatada.
Fonte de auga ferruxinosa.

Segundo o seu contido mineral a auga clasifícase como:

Mineralización moi feble: O seu residuo seco (minerais totais presentes) é de até 50 mg/l.

Mineralización feble: Son aquelas que conteñen menos de 500 mg/l.

Mineralización forte: Contén máis de 1500 mg/l de residuo seco.

Bicarbonatada: Contén máis de 600 mg/l de bicarbonatos.

Sulfatada: Contén máis de 200 mg/l de sulfatos.

Clorurada: Ten máis de 200 mg/l de cloruro.

Cálcica: Contén máis de 150 mg/l de calcio.

Ferruxinosa: Contén máis de 1 mg/l de ferro.

Ácidulada: Contén máis de 250 mg/l de CO2.

Sódica: Ten un contido maior a 200 mg/l de sodio.

Magnésica: O seu contido supera os 50 mg/l de magnesio.

Fluorada: Contén máis de 1 mg/l de fluoruro.

Industria

[editar | editar a fonte]

A auga mineral natural na actualidade está a ser utilizada como un produto de luxo xa que, ademais das diferentes orixes e formas de extracción, a industria está a aproveitar para darlle un toque de exclusividade a través das súas botellas de deseño.

Controversia

[editar | editar a fonte]

Moitas empresas dedicadas á extracción, fabricación e explotación deste recurso natural, están a dar falsos testemuños da orixe, propiedades e clasificación específica do seu produto. Algunhas empresas poden denominar o seu produto como auga natural mineral, sendo que en realidade están embotellando "auga purificada", habendo gran diferenza entre estas.[4]

  1. "auga mineral". TERGAL. Consultado o 05/07/2022. 
  2. Auga
  3. "Water from all over the World". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2016. 
  4. «Escándalo en Reino Unido al reconocer Coca Cola que vende agua del grifo como mineral».

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]