Saltar ao contido

Augusto Diéguez Yáñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAugusto Diéguez Yáñez
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1920 Editar o valor en Wikidata
Vilanuíde, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de agosto de 1951 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Fontei, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesRubio de Villanuiz Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 2906 Los de la sierra: 2085

Augusto Diéguez Yañez, coñecido como Rubio de Villanuiz, nado en Vilanuíde (Quiroga) o 20 de agosto de 1920 e finado na Rúa o 27 de agosto de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado por auxilio á rebelión, foi condenado a 6 anos de prisión. Foi membro do grupo de Mario Rodríguez Losada "Pinche" e despois do grupo de Silverio Yebra Granja "Atravesado" da Segunda Agrupación Guerrilleira de León-Galicia formada en setembro de 1947 e dirixida polo PCE. Na primavera de 1949 estivo no Bierzo con Silverio Yebra, Pedro Juan Méndez "Jalisco", Silvestre García López "Chimeneas", Roberto López Rodríguez "Virnes", Manuel Zapico Terente "Asturiano", Francisco Martínez López "Quico" e Odilo Fernández Rodríguez "Blas". En xullo de 1950 foi reclamado polo xuíz militar de Lugo xunto con Xosé Castro Veiga, Roberto López Rodríguez e Fermín Gómez Segura encartados na causa 144/50.[1] Segundo a información proporcionada por un enlace detido pola policía, foi asasinado en Fontei (A Rúa) o 27 de agosto de 1951 xunto con Silvestre García López "Chimeneas".

  1. BOP Lugo, 8-7-1950, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]