Augusto Casas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1906 Ourense, España |
Morte | 22 de decembro de 1973 (67 anos) Barcelona, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Familia | |
Irmáns | Álvaro das Casas |
Augusto María Casas Blanco, nado en Ourense o 25 de setembro de 1906 e finado en Barcelona o 22 de decembro de 1973, foi un avogado e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926, marchou a Barcelona logo de aprobar ás oposicións ao Ministerio de Gobernación e alí residiu toda a súa vida, aínda que despois da derrota da República exiliouse en Francia e estivo no campo de concentración de Argelès-sur-Mer.[1] Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborou en Céltiga, El Despertar Gallego, El Pueblo Gallego, Vida Gallega, El País, Eco de Galicia e outras revistas e xornais. En 1926 fundou, con Denys Fernández, a revista Galaxia. Comezou a escribir en castelán pero tamén ten moita obra en galego. É autor do artigo "Esquema da nova poesía galega", publicado na revista Nós en 1935.
É irmán do tamén escritor Álvaro de las Casas.
Obra
[editar | editar a fonte]En castelán
[editar | editar a fonte]- Alma triste, 1924 (poesía).
- Panal y flor, 1927 (poesía).
- Alí-Bey. Vida, viajes y aventuras de D. Domingo Badía, 1943 (biografía).
- El Papa Luna, 1945 (biografía).
- Fray Junípero Serra, el Apóstol de California, 1949 (biografía).
- La tierra del alma y otros cuentos, 1950 (narrativa).
En galego
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- O vento segrel, 1932, Nós.[2]
- Cantigas da noite moza, 1950.
- Isa folla que vai polo río, 1954.
- Alén, 1962, Colección Salnés.[3]
- Servidume da treva, 1964.
Narrativa
[editar | editar a fonte]Traducións
[editar | editar a fonte]- Las mejores poesías de Rosalía de Castro, 1946.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Repertorio biobibliográfico do exilio galego" (PDF). Consultado o 23 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Con ilustracións de Cándido Fernández Mazas.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ Publicado na revista Galaxia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Casas Blanco, Augusto María". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 209.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "CASAS BLANCO, Augusto María". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 244.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Lydia Fontoira Surís e Carmen García Rodríguez (2005). "Casas Blanco, Augusto María". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. p. 57. ISBN 84-7507-139-2.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Augusto Casas |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en enciclopèdia.cat Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine.