Galaxia (1926)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galaxia.
Galaxia | |
---|---|
País | España |
Fundación | 1926 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galaxia foi unha revista editada en Ourense en 1926.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Revista dedicada a publicación de novelas curtas, estaba dirixida por Cándido Fernández Mazas e Augusto María Casas. Editábase na imprenta de La Región.

Publicacións
[editar | editar a fonte]No seu primeiro número, publicado en xullo de 1926, incluía a novela O purgatorio de don Ramiro, de Ramón Otero Pedrayo.[1][2]
No segundo número, publicado en agosto de 1926, apareceu Muiñada d'estrelas de Augusto María Casas, ilustrada con debuxos de Xohan Rafael, pseudónimo de C. Fernández Mazas.[3]
Anunciou para números sucesivos obras de Eugenio Montes, Amado Carballo, Vicente Risco e Florentino Cuevillas, pero non chegaron a ver a luz.
Na Fundación Penzol consérvanse os números 1, 2 e 7.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. ISBN 84-505-5721-6.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 205–206. ISBN 84-8288-137-X.