Aurelio Pego
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Aurelio Pego foi un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou para contador mercantil e colaborou desde novo na prensa galega. Na idade do servizo militar, emigrou para fuxir da guerra de África. Chegou a Nova York en 1920 e comezou a colaborar en diferentes revistas americanas ao mesmo tempo que facía crónicas para periódicos de Madrid e para Popular Film de Barcelona. Foi correspondente de La Vanguardia (1933-1937). Formou parte do cadro de redacción de Cine-Mundial, editado en Nova York en castelán, que informaba aos países do ámbito castelanfalante das novidades do mundo do cine. De 1927 a 1948 publicou reportaxes, entrevistas e críticas.