Aurelio Sanmartín
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Aurelio Sanmartín Sanvicente, finado en Redondela o 12 de xaneiro de 1918[1], foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Melitón Sanmartín García. Colaborou en La Idea, Tramancazos, El Soplete, El Pueblo, La Correspondencia Gallega, Ilustración Gallega, El Azote, El Tea e El Aloya. Publicou o periódico literario La Cigarra. Obtivo un diploma de honra nos Xogos florais organizados pola Asociación de escritores galegos laureados e Ilustración Galega. Asinou moitos dos seus traballos coas iniciais A.S., M.S. ou co pseudónimo O demo d'os Tras. Foi oficial de Correos de Pontevedra (1915) e Mondariz (1916).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Noticia en Diario de Pontevedra, 14-1-1918, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). Concello, ed. A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela. p. 38. ISBN 84-8302-720-8.