Auricalcita
Aparencia
Auricalcita | |
---|---|
Fórmula química | (Zn,Cu2+)5 (CO3)2 (OH)6 |
Clase | Carbonato |
Sistema cristalino | Romboédrico |
Cor | De azul a verde escuro |
Brillo | Sedoso |
Dureza | 2 (escala de Mohs) |
Raia | Esbrancuxada |
Densidade | 3,6 g/cm³ |
A auricalcita é un mineral do grupo dos carbonatos. É un mineral secundario produto de alteración da zona de oxidación dos depósitos de zinc e cobre.[1] Minerais asociados son: rosasita, smithsonita, hemimorfita, hidrocincita, malaquita e azurita.[2]
Foi descrito por primeira vez en 1839 por Bottger, quen denominou ao mineral así polo seu alto contido de cinc e cobre, do grego όρειχαλκος (oricalco). O localización tipo áchase na mina Loktevskoye, no río Loktevka, Rudnyi Altai, Altaiskii Krai, Siberia Occidental, Rusia.[3]
Depósitos
[editar | editar a fonte]No Estado español aparece en forma follosa en Comillas (Cantabria), na Serra de Aralar e na hidrocincita de Urnieta (Guipúscoa), e en La Unión (Murcia). Nos Picos de Europa atópase a variedade buratita.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redescolar - Auricalcita Arquivado 02 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Handbook of Mineralogy
- ↑ Mindat
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Auricalcita |