Austroglossus microlepis
Austroglossus microlepis Linguado austral do oeste | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Datos insuficientes | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Austroglossus microlepis Bleeker, 1863 [1] | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Austroglossus microlepis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos, unha das dúas que integran o xénero Austroglossus,[1] coñecida en galego como linguado austral do oeste.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita por primeira vez en 1863 polo ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker, baixo o nome de Synaptura microlepis, sendo posteriormenre reclasificada dentro do xénero Austroglossus, que creara Regan en 1920.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]- Xénero
Véxase en Austroglossus.
- Especie
O nome específico, microlepis deriva do elemento do grego antigo μικρο- micro-, de μικρόσ micrós, "pequeno", e do termo grego λεπίς lepís, "escama". Literalmente: "de escamas pequenas".
Características
[editar | editar a fonte]As principais características morfolóxicas desta especie son:[3]
- Corpo deprimido, ovalado, estraitándose cara ao pedúnculo caudal, de até os 75,0 cm de lonxitude como máximo, e os 4,0 kg de peso.
- Espiña dorsal formada por de 55 a 57 vértebras.
- As aletas dorsal e anal unidas á caudal.
- Aleta dorsal con de 82 a 100 raios (brandos), e a anal con de 65 a 78 raios (igualmente brandos).
- Aleta pectoral dereita (lado pigmentado) máis curta que a lonxitude da cabeza; a aleta pectoral esquerda (lado cego), está presente.
- Coloración, no lado pigmentado, parda escura, con pequenas manchas máis escuras e, ás veces, con bandas no corpo; a do lado cego é abracazada.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É unha especie mariña, batidemersal, que vive a profundidades de entre os 100 e os 400 m. Distribúese polas costas de África do sur, entre os 17 °S e os 35 °S, desde o norte de Namibia até a Baía Falsa (False Bay).[4] Suráfrica.[3]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]As larvas son peláxicas, mentres que os adultos viven cerca do fondo do mar. Os adultos aliméntanse de peixes, crustáceos, moluscos e vermes.[3]
Pesca
[editar | editar a fonte]O linguado austral do oeste é un peixe comestíbel, pescándose activamente nas zonas onde vive (Atlántico suroriental).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Austroglossus microlepis (Bleeker, 1863) no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 84.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Austroglossus microlepis (Bleeker, 1863) en FishBase.
- ↑ Baía situada entre a península do Cabo e o cabo Hangklip ou Punta Espiñosa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Austroglossus microlepis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications.
- Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, EUA: Prentice-Hall.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Austroglossus microlepis Arquivado 30 de maio de 2015 en Wayback Machine. na Encyclopedia of Life (en inglés)
- Austroglossus microlepisArquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine. na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. (en inglés)