Saltar ao contido

Autolinee Regionali Pubbliche Abruzzesi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ARPA

Editar o valor en Wikidata
TipoSociedade anónima
Fundación1978
LocalizaciónChieti, Italia
IndustriaTransporte
ProdutosTransporte en autobús
Na rede
http://www.arpaonline.it/
editar datos en Wikidata ]

ARPA, acrónimo de Autolinee Regionali Pubbliche Abruzzesi (Liñas Rexionais Públicas de Abruzzo, en italiano) foi unha sociedade anónima italiana de transporte de pasaxeiros, con sede legal en Chieti. Xestionaba o transporte público periurbano e interurbano da rexión dos Abruzos. Foi creada en 1978 e disolta en 2015 coa súa integración na TUA.

En 1978 até 65 empresas de transporte, públicas e privadas, levaban aproximadamente 300 autobuses por gran parte da rexión italiana dos Abruzos. No contexto dunha reorganización xeral do transporte público local, estas foron absorbidas para a constitución de ARPA o 1 de xuño de 1978. Malia a nova ordenación, os resultados non foron operativos até comezos de 1979.

O inicio para a unificación do operador partiu da Lei Rexional de Abruzzo nº 52/78, seguindo ao que ocorrera no Lacio en 1976, cando se creou a COTRAL.

As sedes operativas atopábanse, ademais de Avezzano, Sulmona e Giulianova, nas catro capitais de provincia: L'Aquila, Pescara, Téramo e Chieti, onde estaba situada tamén a sede legal da empresa.

Estación de Pescara Centrale

ARPA xestionaba:

  • Liñas de carácter periurbanas en concesión rexional
  • Liñas extraurbanas rexionais
  • Liñas extraurbanas estatais
  • Actividades de alugueiro de autocares

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]