Autonomismo territorial
Aparencia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O autonomismo[1] ou autonomismo territorial é unha doutrina política cuxo obxectivo é manter ou obter a autonomía política dun determinado territorio, sexa unha nación ou rexión. Non é necesariamente contrario ao federalismo. Pola súa banda, o soberanismo implica por definición autonomismo, mais o autonomismo non ten forzosamente que ir acompañado de soberanismo. No Estado español existen diversos movementos autonomistas. Por un lado, o concepto de estado das autonomías implica un autonomismo de facto que se aplica aos máis dos territorios. Ademais, nas nacionalidades históricas, principalmente Cataluña, Galicia e País Vasco, esta doutrina política ten especial peso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para autonomismo.