Avanti! (Grecia)
Aparencia
Avanti! | |
---|---|
Fundación | 1912 |
Lingua | Lingua sefardí |
Localidade | Tesalónica |
[ editar datos en Wikidata ] |
Avanti! foi un xornal en lingua sefardí publicado en Salónica pola Federación Socialista dos Traballadores entre 1912 a 1935 sucesor de La Solidaridad Ovradera [1] e como este dirixido por Avraam Benaroya. Ao primeiro tiña unha periodicidade semanal, para progresivamente publicarse dúas ou tres veces por semana e a partir da Guerra dos Balcáns de xeito diario, as súas páxinas contiñan artigos de crítica ao capitalismo, da vida da comunidade xudía e sobre a literatura sefardí, ao longo de 1915 o xornal opúxose á entrada de Grecia na guerra [2] e cando as tropas francesas e británicas entraron na cidade quedou subspendido durante algún tempo. Desde 1923 foi voceiro do Partido Comunista de Grecia so a dirección de Jacques Ventura [3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Iōannēs K. Chasiōtēs Queen of the Worthy. Thessaloniki, history and culture (1997), Paratiritis, páx. 343
- ↑ VV.AA.Documents on the history of the Greek Jews: records from the historical archives of the Ministry of Foreign Affairs (1988) Kastaniotis Editions, páx. 436
- ↑ Aryeh Bar The Jewish press that was: accounts, evaluations, and memories of Jewish papers in pre-Holocaust Europe (1980) World Federation of Jewish Journalists, páx. 441