Avelino García Armesto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1878 Viana do Bolo, España |
Morte | 3 de maio de 1938 (59 anos) Palas de Rei, España |
Causa da morte | osteosarcoma |
Alcalde de Palas de Rei | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, político |
Familia | |
Irmáns | Germán García Armesto |
Avelino García Armesto, nado en Viana do Bolo o 23 de setembro de 1878 e finado en Palas de Rei o 3 de maio de 1938, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ricardo García Adánez, farmacéutico orixinario de Pobra de Seabra e de Antonina Armesto López, afincados en Viana. A súa infancia transcorreu entre Viana e Ourense, cidade onde fixo o bacharelato. Cursou os estudos de farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1914. Instalouse como farmacéutico en Palas de Rei, e foi alcalde de dito Concello. Amigo de José Ouro Arias, participou con el nos mitins da campaña agrarista de 1923.[1] Nos anos finais da ditadura de Primo de Rivera foi deputado corporativo na Deputación de Lugo.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado fiscal municipal de Palas de Rei en outubro.[3] Finou en Palas de Rei o 3 de maio de 1938.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi irmán de Germán García Armesto. Casou con Livia Fernández Ávila, coa que tivo seis fillos, dos que só sobreviviron Avelino, Luis, Federico e María del Rosario García Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vázquez García, Rosa Mª Livia (2023). "Polos pelerinaxes da nosa historia: de Ourense a Palas de Rei, o boticario e alcalde de Palas Avelino García Armesto". Cairón. Boletin do Instituto de Estudos Ulloáns (6): 82–94.