Saltar ao contido

Avelino Seijas Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAvelino Seijas Vázquez
Biografía
Nacemento1921 Editar o valor en Wikidata
Chantada, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xaneiro de 1984 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Palas de Rei, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , fiscal , historiador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsEduardo Seijas Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1117810

Avelino Seijas Vázquez, nado en Chantada en 1921 e finado en Palas de Rei o 16 de xaneiro de 1984, foi un escritor, historiador e fiscal galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Irmán de Eduardo Seijas. Fiscal en Chantada. Presidiu o Círculo Recreativo Cultural de Chantada entre 1954 e 1956,[1] tempo no que se promoveu a festa da poesía en 1955 (con Avelino Seijas de mantedor)[2] e en 1956 ("Troveiros ó pé do Faro" con Álvaro Cunqueiro de mantedor -substituído por Manuel María, por non poder desprazarse-[3] e a participación de Manuel María, Uxío Nononeyra, P. Vázquez Cuesta...[4]) Desenvolveu un labor intelectual como estudoso e divulgador da historia da comarca.[5]

En 1979 foi declarado xubilado forzoso como Fiscal de Distrito da Agrupación de Fiscalías de Monforte de Lemos-Quiroga-Chantada por cumprir a idade regulamentaria.[6]

Escrito en 1979, publicado en 1990 a familia do autor paralizou a distribución de Historia de Chantada y su comarca, despois de ser editada e impresa pola Deputación de Lugo porque non estaban de acordo coa forma da edición.[7] En 2014 a familia manifestou o seu desexo que que fosen distribuídos os 1 500 exemplares que estaban nun almacén.[8][9] Presentouse o libro en Lugo, nun acto no que participaron Maruja Seijas, sobriña do escritor, Alfredo Pardo e o delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro.[10]

Foi académico correspondente da RAG.[11] Finou en Palas de Rei o 16 de xaneiro de 1984.[12]

  • El santuario regional del Faro (1961)
  • La ermida del Faro y el trobador Xohán de Requeixo (1965). Imprenta de Chantada.[13]
  • Chantada y el señorío de los marqueses de Astorga (1966).[14]
  • Aventuras y desventuras de Juan Alfonso Varela (1966).[15]
  • Historia de Chantada y su comarca (ensayo) (1990). Deputación Provincial de Lugo. 384 páxs. ISBN 978-84-86824-85-0.
  1. "Chantada. Al habla con el nuevo Presidente del Círculo Recreativo y Cultura." El Progreso. 30 de xaneiro de 1955
  2. "Chantada. Fiesta de la poesía". El Progreso, 30 de marzo de 1955
  3. "Chantada. Troveiros o pe do Faro", El Progreso, 5 de xullo de 1956
  4. "Chantada. Troveiros o pe do Faro". El Progreso, 27 de xuño de 1956
  5. "Una mirada a la provincia: Avelino Seijas y sus quehaceres lieterarios", por Anxel. El Progreso, 2 de abril, 1967
  6. "BOE" (PDF). BOE. 
  7. "A «Historia de Chantada» de Seijas quere volver á luz". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-01-12. Consultado o 2024-08-03. 
  8. "Veintitrés años en un almacén". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-01-15. Consultado o 2024-08-03. 
  9. "Paralizada la edición de la «Historia de Chantada»". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-12-10. Consultado o 2024-08-03. 
  10. "La «Historia de Chantada» de Avelino Seijas vuelve al fin a la luz". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-03-13. Consultado o 2024-08-03. 
  11. "Correspondentes". Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-03. 
  12. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-1-1984, p. 45.
  13. "Actualidad en Chantada: Un interesantes libro de Avelino Seijas Vázquez", Por Anxel. El Progreso, 7 de agosto de 1965
  14. "Chantada y el Señoría de los Condes de Astorga. Un nuevo libro de Avelino Seijas Vázquez", por Anxel. El Progreso, 10 de xaneiro de 1967
  15. "Aventuras y desventuras de Juan Alfonso Varela". Publicaciones. El Progreso, 15 de maio de 1966