Avery Corman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1935 (89 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Nova York DeWitt Clinton High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guionista, novelista, escritor |
Avery Corman, nado o 28 de novembro de 1935 no Bronx, Nova York, é un escritor estadounidense.
É autor da novela Kramer vs. Kramer (1977), que levou á gran pantalla, con Robert Benton adaptando o guión e dirixindo a película homónima estreada en 1979, protagonizada por Dustin Hoffman e Meryl Streep. Esta película obtivo cinco premios Oscar, incluíndo o de mellor guión adaptado. Unha novela anterior de Corman, Oh, God! (1971) foi a base para a película cómica Oh, God!, con guión de Larry Gelbart, e protagonizada por George Burns e John Denver
As súas novelas están traducidas a numerosas linguas do mundo, e ademais escribiu artigos e ensaios en distintas publicacións, como por exemplo no New York Times. Tamén participou en teatro, colaborando co compositor Cy Coleman na obra musical The Great Ostrovsky, obra para a cal Corman escribiu o guión e co-escribiu as letras musicais con Coleman.
Novelas
[editar | editar a fonte]- Oh God! (1975)
- Kramer vs. Kramer (1977)
- The Bust-Out King (1981)
- The Old Neighborhood (1985)
- 50 (1987)
- The Big Hype (1992)
- Prized Possessions (1992)
- A Perfect Divorce (2004)
- The Boyfriend from Hell (2006)