Avia Veira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1986 (37/38 anos) A Coruña, España |
Avia Veira González, nada na Coruña en 1986, é unha filóloga e política galega do BNG.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Licenciada en Filoloxía Galega, cursou a última convocatoria do Curso de Aptitude Pedagóxica. Na actualidade[cando?] realiza un Mestrado en Tradución de Localización de Software e Produtos Multimedia.
Traballou como técnica de Normalización Lingüística durante dous anos.
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Co gallo da catástrofe do Prestige entrou, con 16 anos, formar parte do BNG a través da organización xuvenil Galiza Nova.
En 2012 accede a unha das concellarías na oposición do BNG na cidade da Coruña trala renuncia de Xoán Martínez Caxigal[1].
Após as eleccións municipais de 2015 quedou fóra das bancadas da oposición ao ir cuarta nas listas do seu partido, que só foi quen de acadar unha única acta. A dimisión do cabeza de lista, Xosé Manuel Carril, e as dúas seguintes candidatas nas listas colocou a Avia Veira como única concelleira representante do BNG no Palacio de María Pita[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dimite Xoán Martínez Caxigal como concejal del BNG www.laopinioncoruna.es, 31-10-2012
- ↑ Carril dimite por "ética e responsabilidade" e Avia Veira será a voceira do BNG na Coruña praza.gal, 05/06/2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Candidata nº4 do BNG-Asembleas Abertas
- Entrevista a Avia Veira: “Quero ser a voz da mocidade” Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. www.bng.gal