Saltar ao contido

Xosé Manuel Carril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Manuel Carril
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsPaulo Carril Editar o valor en Wikidata

Twitter: xmcarril BNE: XX1380220 BUSC: carril-vazquez-xose-manuel Dialnet: 188393 Editar o valor en Wikidata

Xosé Manuel Carril Vázquez, nado en Londres o 7 de agosto de 1969, é profesor de Dereito do Traballo e Seguridade Social na Universidade da Coruña e político galego vinculado ao BNG a través da UPG.

É irmán de Paulo Carril,[1] Secretario Confederal de Organización da CIG desde 2013 e Secretario Comarcal do sindicato na comarca da Coruña de 2001 a 2013.[2]

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito desde 1992, Graduado en Dereito desde 1994 e Doutor desde 1998 pola Universidade da Coruña, foi Premio extraordinario de doutoramento da Universidade da Coruña (1998-1999) e desde 2003 é Profesor Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.

Autor de dúas monografías e de máis de medio centenar de artigos publicados en diversas revistas, algúns deles sobre Dereito Social da Unión Europea, Dereito francés do Traballo e da Seguridade Social, Dereito italiano do Traballo e da Seguridade Social, Dereito norteamericano do Traballo e Dereito do Traballo e da Seguridade Social en Galiza é ademais coautor de dous manuais universitarios de Dereito do Traballo e da Seguridade Social

Foi relator e comunicante en distintas reunións e congresos nacionais e internacionais sobre Dereito do Traballo e da Seguridade Social e Secretario Xeral da Universidade da Coruña (2006-2010).

É membro do Consello Científico do Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña («Revista xurídica interdisciplinar internacional»).

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

Membro das asembleas constituíntes de Galiza Nova na cidade da Coruña, dos Comités Abertos de Facultade da Universidade da Coruña, o colectivo antimilitarista Galiza Insubmisa e da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Comarca da Coruña. É tamén membro do Consello Local do BNG da cidade da Coruña e do Consello Nacional.

En 2006, foi xulgado e condenado canda Pilar García Negro e Francisco Xosé Rei por inxurias e desorde pública durante un pleno presidido por Francisco Vázquez en 2004; naquela sesión o alcalde pretendía cooficializar os topónimos castelán e galego para a cidade.[3][4]

En 2010, pasou á primeira liña da política coruñesa, ao ser elixido candidato do BNG á alcaldía do concello da Coruña, sucedendo o histórico Henrique Tello e exercendo así de portavoz do BNG na corporación municipal desde aquela até o ano 2015.

Durante a maior parte da súa etapa como voceiro do BNG nos plenos do concello coruñés simultaneou a súa actividade política coa docencia universitaria, especialmente na Facultade de Traballo do Campus de Esteiro en Ferrol. No ano 2014, foi detido e acusado de impedir pola forza un desafiuzamento, sendo condenado ao pagamento de 600 euros de multa e as custas procesuais.[5]

En xuño de 2015, presentou a súa dimisión como concelleiro na cidade da Coruña tralos malos resultados obtidos nas eleccións municipais, nas que o BNG perdeu tres edís e preto de 7 000 votos con respecto ás anteriores eleccións. Xunto a el abandonaron tamén María Xosé Bravo e Marisol Mirás (segunda e terceira na candidatura respectivamente), pasando a ocupar o único posto de concelleiro acadado polo BNG a número catro da lista, Avia Veira.[6]

Individuais

[editar | editar a fonte]
  • 1999, La Seguridad Social de los trabajadores del mar. Ed. Civitas. ISBN 84-470-1242-5
  • 2003, Asociaciones sindicales y empresariales de carácter internacional. Ed. Comares, 2003. ISBN 84-8444-753-7
  • 2015, Una cuestión de Derechos Humanos: la protección de Seguridad Social de nuestros trabajadores del mar emigrantes en Noruega. Ed. Aranzadi. ISBN 978-84-9098-055-2
  • 2019, La pesca pirata: un estudio jurídico desde la perspectiva del Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social. Atelier. ISBN 9788417466541
  1. E. Silveira (2010-12-15). "Carril se entrevista con Carril". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-25. 
  2. Costas, Lui. "Paulo Carril abandona la Secretaría Comarcal de la CIG tras doce años - La Opinión A Coruña". Consultado o 2017-06-25. 
  3. Pereiro, Xosé Manuel (2004-11-03). "El Ayuntamiento coruñés aprueba usar La Coruña de modo oficial". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-06-25. 
  4. Alberto Mahía (2006-04-27). "Condenados tres militantes nacionalistas por insultar a Francisco Vázquez en un pleno". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-25. 
  5. Galerías, Paco (2015-05-16). "Un político entre policías". La Opinión de A Coruña (en castelán) (publicado o 15 de maio de 2016). Consultado o 5 de febreiro de 2024. 
  6. Redacción (2015-06-05). "Carril dimite por "ética e responsabilidade" e Avia Veira será a voceira do BNG na Coruña". Praza Pública. Consultado o 2024-02-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]