Saltar ao contido

Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AESIA
A Terraza, sede da AESIA
Información xeral
Sede central A Coruña, Galiza
Orzamento 5 millóns de euros para a creación da Axencia Estatal (1 millón de en 2023)

A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) é organismo público español responsable da supervisión, o asesoramento, a concienciación e a formación dirixidas a entidades públicas e privadas para a adecuada implementación de toda a normativa nacional e europea en torno ao adecuado uso e desenvolvemento dos sistemas de intelixencia artificial, máis concretamente, dos algoritmos. Ademais, a Axencia ten funcións inspectoras e de comprobación, sanción e demais que lle atribúa a normativa europea que lle resulte de aplicación e, en especial, en materia de intelixencia artificial.[1]

Así, o obxecto último deste organismo é a minimización dos riscos que pode supoñer o uso desta nova tecnoloxía, o adecuado desenvolvemento e potenciación dos sistemas de intelixencia artificial. No ámbito da competencia estatal, exercerá as funcións de autoridade responsable da supervisión, e no seu caso sanción, dos sistemas de intelixencia artificial co obxecto de eliminar ou reducir os riscos para a integridade, a intimidade, a igualdade de trato e a non discriminación, en particular entre mulleres e homes, e demais dereitos fundamentais que poden verse afectados polo mal uso dos sistemas.[1]

A AESIA circunscríbese ao marco lexislativo da Unión Europea. O 14 de xuño de 2023 aprobouse no Parlamento europeo a denominada IA Act, normativa que pretende fomentar a adopción dunha IA centrada no ser humano e fiable e protexer a saúde, a seguridade, os dereitos fundamentais e a democracia dos seus efectos nocivos".[2]

Depende do Ministerio de Transformación Dixital. A AESIA ten a súa sede no palacete da Terraza, na Coruña.

Orzamento

[editar | editar a fonte]

A creación da AESIA ten un importe para a súa execución de cinco millóns de euros, contemplados nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022.[3]

A creación desta axencia estatal foi anunciada polo Goberno de España o 28 de decembro de 2021[4] e que se encargará de supervisar o cumprimento da normativa europea en materia de intelixencia artificial. Con isto, España converterase no primeiro Estado membro da Unión Europea con axencia estatal de supervisión da IA, previo á entrada en vigor do futuro Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial, que establece a necesidade de que os Estados membros teñan unha autoridade supervisora nesta materia.[5]

Selección de Lugar

[editar | editar a fonte]

O Goberno de España, tras o consello de ministros do 13 de setembro de 2022, anunciou o inicio do proceso para a elección da sede da AESIA.[3]

Recibíronse 16 solicitudes para acoller a sede da futura Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial:

A designación da sede galega supón o cumprimento por parte da Xunta de Galicia do mandato recibido en maio do Parlamento para a promoción dunha candidatura galega. Esta tarefa foi encomendada ao Nodo GalicIA, formado pola Xunta, as universidades galegas USC, a UdVigo e UDC, e a Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.[5] O concello de Ourense decidiu presentar outra candidatura de seu, e o seu alcalde Gonzálo Pérez, de Democracia Ourensana, acusou a elección de ter nesgo político.[6]

Realizouse unha avaliación tendo en conta diferentes criterios: cohesión social e territorial, mellora do funcionamento dos servizos públicos, niveis de desemprego, loita contra o despoboamento, achega de inmobles, achega de equipamentos adecuados, produción científica, rede de transporte, ecosistema universitario, ecosistema empresarial, iniciativas públicas de promoción do sector.[7] Finalmente, tras unha valoración dos distintos criterios, optouse pola candidatura da Coruña.[8]

Edificio da Terraza, na Coruña.

A AESIA terá a súa sede no edificio da Terraza[8], proxectado en 1920 por Antonio de Mesa e moi alterado en 1922 polo director do proxecto, o arquitecto Pedro Mariño.[9] A Terraza substitúe a un edificio anterior, a antiga Terraza, proxectada por Antonio López en estilo modernista e que se trasladaría a Sada en 1921 onde aínda se conserva. A Terraza formaba un conxunto con outros dous edificios: o Kiosko Alfonso e o Hotel Atlantic, este último hoxe desaparecido.

Estes pavillóns teñen a súa orixe como teatros de variedades, cinematógrafos e cafés situados entre o mar e o principal espazo público da cidade de principios de século, o Relleno. O primeiro sería o Salón Cinema Coruña e o Pavillón Lino.[9] Concibido nun principio como un suntuoso espazo recreativo, dotado de cafetaría e restaurante, cine e salas de xogos, baile e concertos. Foi un punto de encontro da sociedade coruñesa e un centro de operacións de empresas, entre elas o RC Deportivo da Coruña. Tamén albergaba a sede da empresa Goldwyn-Mayer.[10]

Este uso como centro de lecer viuse perturbado pola chegada da Guerra Civil Española. O edificio sufriu danos pola acción dos artefactos explosivos e foi tamén un punto de atrincheiramento dos republicanos durante un tempo.[10]

Finalmente, os mandos militares franquistas tomaron o control da planta baixa, na que se instalou a escola Dequidt, e a de arriba foi para Radio Nacional de España. Durante a ditadura foi perdendo paulatinamente a súa utilidade como lugar de lecer e acabou sendo trasladado á Falange, que a utilizou para a súa organización xuvenil, o Frente de Juventudes.[10]

A principios dos anos 80 o edificio volve ser de titularidade municipal e en 1985 inaugurouse en Galiza a nova sede de Radio Televisión Española (RTVE).

  1. 1,0 1,1 Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática (2023-09-02). "Real Decreto 729/2023, de 22 de agosto, por el que se aprueba el Estatuto de la Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial.". BOE. pp. 122289–122316. Consultado o 2023-11-25. 
  2. "EU AI Act: first regulation on artificial intelligence. News. European Parliament". www.europarl.europa.eu (en inglés). 2023-08-06. Consultado o 2023-11-25. 
  3. 3,0 3,1 "España comienza el proceso para elegir la sede de la futura Agencia Española de Supervisión de la IA" (en castelán). 2022-09-13. Consultado o 2022-12-08. 
  4. "El Gobierno creará una Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial" (en castelán). 2022-01-18. Consultado o 2022-12-08. 
  5. 5,0 5,1 Redacción (2022-12-16). "A Xunta destaca o traballo feito polo Nodo GalicIA para conseguir a implantación da AESIA na Coruña". GCiencia. Consultado o 2022-12-21. 
  6. "Jácome ve «sesgo político» en la elección de las sedes de las agencias de inteligencia artificial y espacial". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-12-05. Consultado o 2022-12-21. 
  7. "BOE.es - BOE-A-2022-20639 Orden PCM/1203/2022, de 5 de diciembre, por la que se publica el Acuerdo del Consejo de Ministros de 5 de diciembre de 2022, por el que se determina la sede física de la futura Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial.". Consultado o 2022-12-08. 
  8. 8,0 8,1 "A Coruña acogerá la Agencia de Inteligencia Artificial" (en castelán). Consultado o 2022-12-08. 
  9. 9,0 9,1 Soraluce Blond, José Ramón (2004). "A Coruña: arquitectura desaparecida. Los espacios del ocio". Consultado o 2022-12-08. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "La Terraza, ¿futura sede de la Aesia en A Coruña?" (en castelán). 2022-10-26. Consultado o 2022-12-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]