Axuda:Introdución ás políticas/Contidos
Aparencia
Políticas e normas | Contidos | Conduta | Resumo |
O punto de vista neutral (PVN ou NPOV, en inglés) significa que os contidos están escritos obxectivamente e que non son parciais, mostrando os feitos e todos os puntos de vista importantes dos demais sobre un mesmo aspecto. As enciclopedias están escritas inherentemente deste modo dado que a verdade é, a miúdo, subxectiva e non ten sentido que un artigo favoreza unha postura en particular. Isto tamén axuda a previr que os artigos se convertan en mera propaganda ou publicidade por parte de terceiros. | |
A verificabilidade quere dicir que os artigos só deben conter materiais que foron publicados por fontes fiables que apoien o que está escrito. E máis aínda se se trata de contidos polémicos ou susceptibles de cambiaren en pouco tempo. Os materiais non referenciados poden ser eliminados mesmo sen previo aviso; o editor que os engadiu ten a obriga de achegar as fontes de onde sacou a información. | |
Non ser unha fonte primaria fai que os artigos poden non conter discusións, conceptos, datos, opinións ou teorías anteriores sen publicar. Isto inclúe calquera nova análise ou síntese destes feitos. Basicamente, a Wikipedia é un rexistro do coñecemento humano, puntos de vista e resumos que xa existen e que se publicaron en algures. |
Seguinte: Aprende sobre a conduta! →