As táboas son unha forma habitual de mostrar datos. Este titorial proporciona unha guía para crear novas táboas e editar as xa existentes. Para obter instrucións sobre cando e como utilizar táboas, consulte Axuda:Táboas.
Este titorial presenta os conceptos básicos de inserir, editar e formatar táboas de información. Algunhas características avanzadas, como facer unha táboa ordenable ou colorear as celas, non están aínda dispoñibles no Editor Visual polo que teñen que ser editadas usando wikitexto.