Azeótropo
Un azeótropo é unha mestura líquida de dous ou máis compoñentes que posúe un único punto de ebulición constante e fixo, e que ao pasar ao estado vapor compórtase como un líquido puro, ou sexa coma se fose un só compoñente.
Un azeótropo, pode ferver a unha temperatura superior, intermedia ou inferior á dos constituíntes da mestura, permanecendo o líquido coa mesma composición inicial, do mesmo xeito que o vapor, polo que non é posible separalos por destilación simple.
O azeótropo que ferve a unha temperatura máxima chámase azeótropo de ebulición máxima e o que o fai a unha temperatura mínima chámase azeótropo de ebulición mínima. Os sistemas azeotrópicos de ebulición mínima son máis frecuentes cós de ebulición máxima.
Un exemplo é a mestura de etanol e auga, que forma un azeótropo para unha concentración do 95% en peso de alcohol, que ferve a unha temperatura de 78,2 °C. Cunha destilación simple obtense un alcohol con este título, pero para conseguir un composto máis puro necesítase utilizar recursos especiais como unha destilación azeotrópica.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Ácido nítrico (68,4 %) / auga, ferve a 122 °C;
- Ácido perclórico (28,4 %) / auga, ferve a 203 °C (azeótropo negativo);
- Ácido fluorhídrico (35,6 %) / auga, ferve a 111,35 °C (azeótropo negativo);
- Etanol (95%) / auga, ferve a 78,2 °C;
- Ácido sulfúrico (98,3%) / auga, ferve a 336 °C;
- Acetona / metanol / cloroformo forma un azeótropo intermedio.