Saltar ao contido

Azucena Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAzucena Arias
Nome orixinalAzucena Arias Correa
Biografía
NacementoSão Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX853393 AELG: 579 Dialnet: 226402

Azucena Arias Correa, nada en São Paulo, Brasil, un 6 de xaneiro, é unha profesora e escritora galega de literatura infantil e xuvenil.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de emigrantes galegos no Brasil, rematou os estudos primarios en Cerdedo e o bacharelato en Pontevedra. É licenciada en Ciencias da Educación, en Psicoloxía e doutora en Didáctica das Ciencias Experimentais, coa tese Implicacións curriculares e didácticas no ensino das ciencias das concepcións sobre a ciencia e a metodoloxía en alumnado de maxisterio. Traballo por proxectos (Universidade de Vigo, 2012).[1]

É profesora asociada da Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do Campus Universitario de Pontevedra.[2] Exerce como mestra e orientadora no CEIP Vilaverde. Membro da asociación de renovación pedagóxica "Colectivo ollo de sapo".[3]

Ten colaborado en Eduga: revista galega do ensino, Madrygal: Revista de estudios gallegos, Revista Portuguesa de Educação, Boletín das ciencias (ENCIGA), Opción: Revista de Ciencias Humanas y Sociales, Ciéncia & Educação, Enseñanza de las ciencias: revista de investigación y experiencias didácticas, Boletín das ciencias, Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, Revista galega de educación...

Ten traballado en proxecto coa perspectiva de xénero na educación e de animación á lectura.

  • A cirurxiá (1998). Vigo: Ir Indo.
  • A casa do grilo e da chicharra (2000). Vigo: Ir Indo.
  • A cadela e o óso (2001). Vigo: Ir Indo.
  • A moediña de ouro (2002). eDixital.
  • Bernaldiña e o restaurante (2002). eDixital.
  • Na escuridade do cuarto (2002). eDixital.
  • O proceso de adaptación e ti vas á escola? (2007). Xunta de Galicia.
  • As preguntas inquedan... Dunhas saen outras (2011). eDixital.
  • Debaixo dun parasol (2017). Vigo: Xerais. Ilustracións de Ignacio Fernández. 224 páxs. ISBN 978-84-9121-192-1.
  • A chave no peitoril (2019). Ed. do Peirao. 184 páxs. ISBN 978-84-17393-94-6.
Colectivas
  • Traballar por proxectos nas aulas de infantil e primaria (1996). Con Dolores Rial. Xerais.
  • As adiviñas (2008). Coon Dolores Arias Correa. Ir Indo.
  • O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria (2009). Con Dolores Rial. Xunta de Galicia.[4]
  • Primeiro premio no VI Concurso Literario Rosa de Cen Follas na modalidade de poesía coa obra Silencio cómplice (2013).
  • Premio de poesía no Certame Literario Exeria (2021).
  • Mención especial ao poema "Foise silandeira, mainamente" no 32° Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona).
  1. Arias Correa, Azucena (2012). "Implicacións curriculares e didácticas no ensino das ciencias das concepcións sobre a ciencia e a metodoloxía en alumnado de maxisterio: o traballo por proxectos". Universidade de Vigo. 
  2. "Departamento de Didácticas Especiais". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2018. Consultado o 09 de setembro de 2018. 
  3. "Azucena Arias Correa - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-05-16. 
  4. O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
  5. "Azucena Arias". aelg.gal. Consultado o 16 de maio de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]