Báscula
Aparencia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/68/Waagenmuseum_Balingen_-_Mechanisch_preisrechnende_Waage_DSC3172.jpg/220px-Waagenmuseum_Balingen_-_Mechanisch_preisrechnende_Waage_DSC3172.jpg)
Unha báscula é un instrumento técnico deseñado para calibrar o peso dunha masa.
Características
[editar | editar a fonte]As básculas teñen unha plataforma a rentes de chan, onde resulta doado colocar a masa que se desexa pesar. O sistema orixinal de funcionamento estaba baseado nun principio nun xogo de pancas que se activaba ao colocar a masa na plataforma e que logo se equilibraba co desprazamento dunha pía ao longo dunha barra graduada onde se lía o peso da masa. Esta facilidade para poñer masas grandes e pesadas enriba da plataforma é o que fixo posíbel construír básculas cunha capacidade de peso moi grande que se utiliza para pesar camións de gran tonelaxe.