Bólido de Cheliábinsk
O bólido de Chéliábinsk foi un bólido que o 15 de febreiro de 2013 petou contra a Terra nas inmediacións da cidade rusa de Cheliabinsk[1] ás 3:15 UTC.[2]
Características
[editar | editar a fonte]Estímase que foi o maior dos asteroides que golpeou a Terra no último século. As súas medidas estimadas son dun diámetro duns 20 m e unha masa de 13 000 toneladas, que chocaron a unha velocidade de máis de 18 km·s-1 sobre os montes Urais.[3] A fricción de entrada na atmosfera aumentou a temperatura e fixo que estalase a unha altura duns 30 km liberando medio megatón de enerxía (é dicir, unha enerxía equivalente a medio millón de toneladas de trinitrotolueno, unhas 35 bombas atómicas coma a de Hiroshima). O estoupido tardou dous minutos en chegar á superficie, causando diversos danos, en particular nos vidros dos edificios, o que causou feridas a unhas 1500 persoas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Chelyabinsk a decade on: the Sun's invisible asteroids". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-02-23.
- ↑ "Asteroid vapour trail". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-02-23.
- ↑ "Chelyabinsk asteroid". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-02-23.