Saltar ao contido

Bourg-en-Bresse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bôrg»)
Modelo:Xeografía políticaBourg-en-Bresse
Imaxe

EpónimoBresse (região histórica) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°12′17″N 5°13′41″L / 46.2047, 5.2281
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAuvernia-Ródano-Alpes
DepartamentoAin
Distritosarrondissement of Bourg-en-Bresse (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación41.525 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.740,36 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921277 Traducir
Q24928458 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie23,86 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Reyssouze (pt) Traducir e Dévorah (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude240 m-220 m-273 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creaciónséculo XIII Editar o valor en Wikidata
Evento clave
13 de agosto de 1600Capture of Bourg-en-Bresse (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJean-François Debat (pt) Traducir (2014–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal01000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Bad Kreuznach (1963–)
Parma (1990–)
Namur (1996–)
El Kef (pt) Traducir (2000–)
Aylesbury (2000–)
San Severo (pt) Traducir (2004–)
Brzeg (pt) Traducir (2006–)
Yinchuan (pt) Traducir (2018–)
Meknès (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webbourgenbresse.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: villedebourgenbresse Twitter: Bourg_en_Bresse Instagram: ville.bourgenbresse Youtube: UCtVb5sD54G4Zucl6I7daPUQ BNE: XX6015842 Editar o valor en Wikidata

Bourg-en-Bresse (en francoprovenzal Bôrg), é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade de Bôrg é unha vila de tamaño grande, con 40.666 habitantes en 2005, nunha extensión de 23,86 km². Está situada a 70 km ao nordeste de Lión, a 30 ao leste de Mâcon e a 120 km ao oeste de Xenebra. A pesar de estar situada nunha chaira, Bôrg está moi próxima aos montes do Xura, e está atravesada polo río Reyssouze, que desemboca máis tarde no Saône.

Rúa de Bourg-en-Bresse.

Bôrg era a antiga capital da Bresse unha provincia francesa antes da Revolución. Aínda que se atoparon no seu subsolo restos romanos, non hai demasiados elementos para trazar unha historia coherente de Bôrg ao longo da época antiga.

En 1250 é nomeada vila franca e a partir de aí o seu destino está ligado á casa de Savoia, e a principios do século XV os duques savoianos a escollen como capital da Bresse. En 1535 é tomada polos franceses, pero reconquistada polo duque Filiberto Enmanuel, que a transformará en praza forte, o que lle valeu resistir o asedio de seis meses aos que a someteron as tropas de Henrique IV. Finalmente en 1601 a cidade pasa a pertencer a Francia, canda toda a Bresse.

Logo da Revolución Francesa a cidade pasouse a chamar, durante algún tempo Épi-d-Or (Espiga Dourada). En 1814 as tropas austríacas fixeron pillaxe pola cidade.

Economía

[editar | editar a fonte]

A súa posición como gallada de camiños favoreceu de sempre o intercambio comercial e a prosperidade económica de Bôrg, fundamentalmente ligada á produción artesanal e ao comercio de produtos agrogandeiros. Pero na segunda metade do século XX a cidade presenciou un forte cambio grazas á instalación nela dunha fábrica de camións Berliet (na actualidade Renault Trucks), que serviu de motor para o desenvolvemento posterior de industrias relacionadas co transporte industrial e a maquinaria agrícola. Ademais, tamén é un importante centro metalúrxico. A cámara de comercio de Ain ten a súa sede en Bôrg.

Patrimonio e cultura

[editar | editar a fonte]

O centro histórico tiña unhas murallas savoianas demolidas no século XIX. Ademais, algúns edificios relixiosos son dignos de mención como a catedral, construída entre 1505 e 1695, e a igrexa e o mosteiro real de Brou, construídos entre 1505 e 1536 por iniciativa da viúva de Filiberto II de Savoia, a princesa Margarida de Austria. Estes dous últimos edificios, e gótico flamíxero, están profusamente decorados e acollen valiosos sepulcros no seu interior. Na cidade hai ademais un pequeno museo con colección de pintura antiga.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Bourg-en-Bresse está irmandada coas seguintes cidades:

Tamén posúe acordos de colaboración coas seguintes cidades:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]