BBC World News
BBC World News é a cadea de noticias internacional da BBC. Ten máis audiencia que calquera outra cadea da BBC e cadea de noticias no mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]Comezou a emitir en 1991 como BBC World Service Television fóra das fronteiras europeas. En 1994 BBC World Service, dividiuse en dúas cadeas: BBC Prime de subscrición e BBC World en aberto. No ano 2008 cambiou o seu nome a BBC World News. Emite 24 horas e a súa programación inclúe boletíns de BBC News, documentais, programas sociais e entrevistas. O seu principal competidor é CNN International, aínda que tamén compite co resto de emisoras internacionais. A BBC World News conta con máis correspondentes e reporteiros que calquera outra cadea de noticias e é a que ten máis sedes internacionais. É xunto coa CNN a cadea de noticias máis vista do mundo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BBC World News (en inglés)