Panathinaikos B.C.
Panathinaikos | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | ΚΑΕ Παναθηναϊκός Α.Ο. |
Liga | A1 / Euroliga |
Alcume | Τριφύλλι (Trevo) Πράσινοι (Verdes) |
Fundación | 1908 (baloncesto: 1919) |
Cores | Verde, branco |
Presidente | Vassilis Parthenopoulos |
Adestrador | Ergin Ataman |
Patrocinador | OPAP (Pame Stoixima) |
Vestimenta | Adidas |
Localización | |
Cidade | Atenas, Grecia |
Pavillón | OAKA Indoor Hall |
Capacidade | 18 989 espectadores |
Inauguración | 1995 |
Campionatos | |
Euroliga | 7 (1996, 2000, 2002, 2007, 2009, 2011, 2024) |
Liga | 40 (1946–1947, 1950–1951, 1954, 1961–1962, 1967, 1969, 1971–1975, 1977, 1980–1982, 1984, 1998–2001, 2003–2011, 2013–2014, 2017–2021, 2024) |
Copa | 20 (1979, 1982, 1983, 1986, 1993, 1996, 2003, 2005–2009, 2012–2017, 2019, 2021) |
paobc.gr |
O Panathinaikos B.C. (en grego: Κ.Α.Ε. Παναθηναϊκός Α.Ο., transliterado en galego: K.A.E. Panathinaikos A.O.) é un equipo profesional de baloncesto grego con sede na cidade de Atenas. O club é tamén coñecido de xeito habitual como PAO, que son as siglas de "Panathinaikos Athlitikos Omilos" (en grego: Παναθηναϊκός Αθλητικός Όμιλος). Os donos do club son a familia Giannakopoulos, magnates da industria farmacéutica. O club deportivo Panathinaikos foi fundado no ano 1908, aínda que a súa sección de baloncesto non foi creada até uns anos despois, en 1919, sendo un dos equipos de baloncesto máis antigos do país. Xunto co Aris de Tesalónica, é un dos únicos equipos que nunca descenderon da Primeira División do baloncesto heleno. O equipo xoga os seus partidos como local no Palacio O.A.K.A., recinto con capacidade para 18.989 espectadores.[1]
O Panathinaikos é ademais un dos equipos con máis éxitos no baloncesto, tento grego como europeo. Con xogadores como Dominique Wilkins, Byron Scott, Nikos Galis, Dimitris Diamantidis, Dino Rađja, Šarūnas Jasikevičius, Dejan Bodiroga, Žarko Paspalj, Željko Rebrača, Vassilis Spanoulis, Apostolos Kontos ou Panagiotis Giannakis, teñen na súa vitrina de trofeos trinta e seis ligas gregas, dezaoito copas, seis Euroligas, un Campionato do Mundo FIBA e dúas triplas coroas. Así, o Panathinaikos é o único equipo europeo con seis títulos da Euroliga desde o seu formato actual de Final Four en 1988. O seu principal equipo rival é o Olympiacos do Pireo, sendo os seus partidos referidos como o "Derbi dos Inimigos Eternos".
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos (1918–1970)
[editar | editar a fonte]O Panathinaikos foi fundado como club de fútbol no ano en 1908. Pouco máis dunha década despois o baloncesto aínda non era coñecido en Grecia. Durante ese período Giorgos Kalafatis, xunto a outros deportistas, participou nos Xogos Inter-Aliados de París, onde se celebraba unha competición de baloncesto entre representantes dos países aliados da primeira guerra mundial. Cando regresou a Grecio co equipamento necesario, fundou a sección de baloncesto do Panathinaikos, a cal sería dirixida nun primeiro momento por Apostolos Nikolaidis. En 1919, celebrouse no Estadio Panatenaico o primeiro partido do PAO, onde se enfrontou ao X.A.N. Thessaloniki (YMCA), outro club pioneiro do baloncesto no país heleno.
En 1937, Kalafatis conseguiu crear un novo equipo equipo do Panathinaikos, que durante o seguinte ano xogou contra clubs xa estabelecidos como o X.A.N. Thessaloniki, o Ethnikos G.S. Athens, o Panionios, o Aris e o Iraklis. Angelos Fillipou, Nikos Mantzaroglou, Litsas e Dimitrakos foron os pioneiros do grupo, aos que posteriormente se uniron Telis Karagiorgos, Thymios Karadimos, Giorgos Bofilios, Philipos Papaikonomou, Petros Polycratis e Nikos Polycratis. Durante a ocupación de Grecia polo Eixo na segunda guerra mundial, Dimitris Giannatos, membro fundador do equipo de baloncesto, foi executado polos nazis pola súa participación na resistencia grega.
Tras a fin da guerra, en 1946 e 1947 o Panathinaikos conseguiu gañar dous campionatos con xogadores como Yiannis Lambrou, Missas Pantazopoulos, Stelios Arvanitis (que máis tarde gañaron a medalla de bronce no Eurobasket de 1949) ou Jack Nicolaidis (sobriño de Apostolos Nikolaidis). En 1950 e 1951 volveron repetir como campións coa axuda de grandes xogadores como Faidon Matthaiou (considerado o "Patriarca" do baloncesto grego) ou Nikos Milas. O seguinte título chegou en 1954, con todo, os seguintes cinco anos non deron ningún froito, polo que o club, a pesar da súa forza, tivo que ser completamente renovado. Chegaron entón ao club novo líderes como Georgios Vassilakopoulos, Stelios Tavoularis e Petros Panagiotarakos, que en 1961 e 1962 conseguiron levar de volta o título de liga ao club. Precisamente, en 1962 o Panathinaikos compite por vez primeira nunha competición europea, a Copa de Europa (actual Euroliga). Na primeira fase tiveron que enfrontarse ao Hapoel Tel Aviv israelí, mais non conseguiron pasar de rolda ao perder tanto no partido como no de volta (82-58 e 84-72).
É destacábel a vitoria conseguida o 23 de novembro de 1963 ante Olympiacos por 90-48 na Copa Mantellos, un torneo que en 1976 foi substituído pola Copa de Grecia. O seguinte campionato de liga do Panathinaikos chegou en 1967 nun equipo no que destacaba Giorgos Kolokithas, un dos mellores xogadores da súa era. Dous anos despois, en 1969, o equipo consegue un novo título de liga, mais o ano é recordado polo primeiro éxito europeo do club, a clasificación ás semifinais da Recopa de Europa, onde foron eliminados polo Dinamo Tbilisi. No ano seguinete, 1970, o PAO foi o primeiro equipo en contar no seu elenco cun xogador estranxeiro (usado nun partido de competición europea), Craig Greenwood.
A idade dourada (1970–1984)
[editar | editar a fonte]Durante a súa idade dourada, un período que abrangue deade 1970 até 1984, o Panathinaikos foi quen de gañar dez de catorce campionatos de Liga.[2] A principal referencia e líder do equipo durante este período foi o escolta e ala Apostolos Kontos, máximo artilleiro da historia do club e cuarto da historia da liga grega (por detrás de Nikos Galis, Vassilis Goumas e Panagiotis Giannakis). Outro factor importante desta era de ouro do equipo, foi a presenza no banco do técnico Kostas Mourouzis, alcumado o "raposo", que adestrou a uns mozos coñecidos como os 4-K: Kontos, Koroneos, Kokolakis e Kefalos. Estes xogadores, xunto con Iordanidis, que funcionaba como elo entre os 4-K e os máis veteranos, conseguiron gañar cinco campionatos consecutivos, levando ademais ao equipo a participar nas semifinais da Copa de Europa en 1972 coa axuda do estadounidense Willy Kirkland. Porén, foron eliminados polos Ignis Varese, un dos xigantes do baloncesto europeo da época.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Elenco actual
[editar | editar a fonte]Panathinaikos BC OPAP 2022−2023 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en grego)
- Panathinaikos B.C. en Euroleague.net (en inglés)