Byron Scott
(2012) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1961 (63 anos) Ogden, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Ogden (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade do Estado do Arizona (pt) Morningside High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 190 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 89 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto, adestrador | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1983 - 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Los Angeles Clippers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Byron Anton Scott, nado o 28 de marzo de 1961 en Ogden, Utah, é un antigo xogador e adestrador profesional de baloncesto norteamericano. Nesta faceta chegou a gañar en 2008 o galardón ó Adestrador do Ano da NBA. Coma universitario, xogou nas ringleiras da Arizona State University.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xogador
[editar | editar a fonte]Foi elixido no draft de 1983 polos San Diego Clippers en cuarta posición. Foi traspasado ao ano seguinte aos seus veciños Los Angeles Lakers xunto con Swen Nater a cambio do xa veterano Norm Nixon, e foi neste equipo onde alcanzou os seus maiores éxitos coma profesional, ao coincidir no tempo con xente mítica do talle de Magic Johnson ou Kareem Abdul Jabbar, cos que gañou tres aneis de campión da NBA. Tras pasar por equipos coma os Indiana Pacers, os Vancouver Grizzlies ou o equipo grego do Panathinaikos, volveu na súa última tempada en activo aos Lakers, onde compartiu minutos con Kobe Bryant ou Shaquille O'Neal. Durante toda a súa traxectoria distinguiuse coma un dos mellores tiradores da NBA.
Adestrador
[editar | editar a fonte]Adestrou durante dous anos aos New Jersey Nets, aos cales levou nas tempadas 2001-02 e 2002-03 ás Finais da NBA.
Scott converteuse en adestrador dos New Orleans Hornets na tempada 2003-04. Tras máis de 4 tempadas, foi despedido o 12 de novembro de 2009. Durante esta etapa, foi nomeado na tempada 2007-08 Adestrador do Ano da NBA con 458 votos, 216 máis que o segundo clasificado. Este mesmo ano foi seleccionado para adestrar ao equipo do Oeste no NBA All-Star Game de Nova Orleáns.
O 2 de xullo de 2010, Scott foi nomeado adestrador dos Cleveland Cavaliers, días antes de que a súa estrela LeBron James se fora ós Miami Heat.[1][2] Tras dúas tempadas con récord negativo, foi despedido o 18 de abril de 2013.[3]
Logros persoais
[editar | editar a fonte]- Tres títulos da NBA con Los Angeles Lakers, os anos 1985, 1987 e 1988.
- Elixido, en 1984, no quinteto ideal de rookies.
- Mellor porcentaxe de tiros de 3 puntos na tempada 1984-85, cunha media do 43,3%.
- Adestrador do Ano da NBA na tempada 2007-08 cos New Orleans Hornets.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Agent says Scott accepts Cavs offer". cbssports.com. 2 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2012. Consultado o 2009-07-01.
- ↑ "Cleveland Cavaliers exercise contract option on Byron Scott - NBA - Sporting News". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2013. Consultado o 03 de xuño de 2013.
- ↑ "Cleveland Cavaliers fire coach Byron Scott". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2013. Consultado o 03 de xuño de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estatísticas de Byron Scott coma xogador Arquivado 23 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Estatísticas de Byron Scott coma adestrador Arquivado 15 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Ficha de Byron Scott Arquivado 01 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- Nados en 1961
- Nados en Ogden
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos San Diego Clippers
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Vancouver Grizzlies
- Xogadores do Panathinaikos BC
- Adestradores asistentes dos Sacramento Kings
- Adestradores dos New Jersey Nets
- Adestradores dos New Orleans Hornets
- Adestradores dos Cleveland Cavaliers
- Adestradores dos Los Angeles Lakers
- Adestradores da NBA
- Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América