Steve Kerr
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1965 (59 anos) Beirut, Líbano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Palisades Charter High School (en) American Community School Beirut Universidade de Arizona Cairo American College (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 190 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 80 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto, empresario | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1988 - 2003 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Phoenix Suns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1986 | Campionato mundial de baloncesto de 1986 (1º) (medalla de ouro) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Malcolm H. Kerr | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Stephen Douglas "Steve" Kerr, nado en Beirut (Líbano) o 27 de setembro de 1965, é un ex xogador e adestrador profesional estadounidense de baloncesto, que actualmente adestra os Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA). Como xogador, tras formarse na Universidade de Arizona, formou parte dos Phoenix Suns, Cleveland Cavaliers, Orlando Magic, Chicago Bulls, San Antonio Spurs e Portland Trail Blazers, conseguindo un total de cinco aneis de campión, tres cos Bulls e dous cos Spurs, nas súas quince temporadas como profesional. Kerr, xunto con Frank Saul, son os únicos xogadores da historia da NBA en gañar dous títulos de forma consecutiva con diferentes equipos. Actualmente é o xogador con mellor porcentaxe de acerto en lanzamentos de 3 da historia da NBA cun 45,4%. Como adestrador é o único da historia de competición en conseguir un balance de "30-5" no seu primeiro ano ao cargo, levándose ese mesmo ano ademais o anel de campión.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Kerr comezou a súa carreira universitaria en 1984, na Universidade de Arizona. En 1986 foi incluído na selección de baloncesto dos Estados Unidos que participaría no Mundial de baloncesto de España, onde conseguiron levar a medalla de ouro tras derrotar á Unión Soviética nunha apertada final. Coa súa universidade conseguiu chegar á Final Four en 1988. Acabou os seus estudos cunhas medias de 11,2 puntos e 3,4 rebotes por partido.
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido no Draft de 1988 polos Phoenix Suns nunha posición moi baixa, a 25 da segunda rolda. Kerr foi un xogador de banco, que se converteu nun auténtico especialista nos lanzamentos de 3 puntos, aproveitando ao máximo os poucos minutos dos que dispuña con frecuencia na cancha. Só estivo unha tempada en Arizona, sendo traspasado ao ano seguinte a Cleveland, onde comezou a demostrar ao mundo as súas calidades como lanzador de longa distancia, roldando ou superando desde entón o 50% de acerto desde a liña de 3, algo que acadaron moi poucos xogadores en toda a historia da liga. Estivo en Ohio tres tempadas e media, terminando a última delas nas filas dos Orlando Magic. Ao ano seguinte, na tempada 1993-94, asinou polos Chicago Bulls, onde coincidiría con Michael Jordan, Scottie Pippen, Dennis Rodman ou Toni Kukoč. Con eles logrou 3 campionatos da NBA consecutivos.
Tras o campionato co equipo de Illinois, foi traspasado aos San Antonio Spurs onde, curiosamente, gañou un novo anel de campión na súa primeira tempada en terras texanas, converténdose no segundo xogador da historia en gañar dous aneis consecutivos en dous equipos diferentes. Tras tres tempadas foi traspasado a Portland Trail Blazers, onde só xogou unha tempada. Ao ano seguinte regresa de novo a San Antonio, no que foi o seu último ano como profesional, poñendo fin a súa carreira cun novo anel de campión. En 1997, gañou o concurso de tripla do All-Star Game.
Adestrador
[editar | editar a fonte]Sen experiencia como asistente, sendo analista televisivo desde a súa retirada, os Golden State Warriors ofrécenlle o posto de "adestrador xefe", gañando a batalla a outros equipos interesados nel como eran os New York Knicks. O 3 de xaneiro, Steve Kerr convértese no primeiro adestrador "rookie" en lograr un balance de 30-5 no seu inicio en toda a historia da NBA. O seu éximo como adestrador no seu primeiro ano levouno a ser noameado adestrador do equipo da Conferencia Oeste do All-Star de 2015.
Logros
[editar | editar a fonte]- Cinco veces Campión da NBA (1996–1999, 2003).
- Unha vez Campión do Mundo (1986).
- Unha vez Campión do Concurso de Triplas do All-Star (1997).
- Unha vez campión do concurso Shooting Stars do All-Star (2008).
- Dúas veces no primeiro equipo da Pac-10 da NCAA (1986, 1988).
- Número 25 retirado pola Universidade de Arizona.
- Unha vez adestrador do All-Star (2015).
- Un dos únicos dous xogadores en gañar dous campionatos da NBA consecutivos en diferentes equipos.
- Mellor porcentaxe de triplas en toda unha carreira da historia da NBA (con máis de 2000 lanzamentos) co 45,4%.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estatísticas como xogador de Steve Kerr Arquivado 02 de xuño de 2016 en Wayback Machine.
- Estatísticas como adestrador de Steve Kerr Arquivado 10 de abril de 2021 en Wayback Machine.
- Nados en 1965
- Nados en Beirut
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Chicago Bulls
- Xogadores dos San Antonio Spurs
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Adestradores da NBA
- Adestradores dos Golden State Warriors