BMW Z3
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
BMW Z3 | |
---|---|
Tipo | Automóbil deportivo |
Marca | BMW (en) |
Fabricante | BMW |
País | Alemaña |
Período | ╴2002 |
Deseño | Joji Nagashima |
Configuración | |
Segmento | Segmento S |
Carrozaría | Cupé de 2 portas Roadster de 2 portas |
Configuración | Motor dianteiro lonxitudinal, tracción traseira |
Tren motriz | |
Motor | motor de gasolina |
Dimensións | |
Distancia eixes | 2446 mm |
Lonxitude | 4025 mm |
Anchura | 1692 mm |
Altura | 1293 – 1306 mm |
Peso | 1160 – 1400 kg |
Cronoloxía | |
← BMW Z1 BMW Z4 → | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O BMW Z3 e un automóbil deportivo fabricado por BMW entre os anos 1996 e 2002. Trátase dun bipraza de motor dianteiro lonxitudinal e tracción traseira, con dúas posibles configuracións de carrocería: convertible de teito de lona ("Z3 Roadster") e pechado de teito rixido ("Z3 Coupé"). A versión roadster foi a primeira en saír ao mercado e polo tanto a de maior éxito comercial xa que estivo en produción durante máis tempo que a versión Coupe, que apareceu nos dous últimos anos de produción. Fabricaronse arredor das 220.000 unidades da versión Roadster fronte a unhas escasas 11.000 unidades da versión Coupe. Aínda que cun lapso de tempo duns 5 anos este vehiculo e o sucesor do BMW Z1, co que a marca bávara inagurou a súa serie Z (Zukunft palabra alemá para futuro). O igual que o Z1 o concepto deste deportivo biplaza inspírase no BMW 507 de 1955-58, deseñado polo conde Albrecht Goertz, que é considerado por moitos coma un dos automóbiles máis fermosos da historia. A súa presentación ao público tivo lugar cunha breve aparicion na película GoldenEye de James Bond. As patentes de deseño foron presentadas o 2 de abril de 1994 en Alemaña e o 27 de setembro do mesmo ano nos Estados Unidos.
A súa ensamblaxe faciase na planta que BMW ten na localidade de Greer, Carolina do Sur, Estados Unidos (BMW US Mfg. Comp.).
Descrición
[editar | editar a fonte]O Z3 foi deseñado por Joji Nagashima, membro do equipo de BMW Desing, en 1993 coma un desenvolvemento a partir da plataforma do E36 da 3 Series. A plataforma resultante foi denominada co código interno de BMW E36/7 para a versión Roadster e E36/8 para a versión Coupé. Nesta nova plataforma substituíase a suspensión multibrazo do E46 por unha de brazo tirado dipoñble no E30. Nun primeiro momento o BMW z3 foi equipado soamente co motor 1.900 cc M44B19 de catro cilindros en liña, pero que non cumpría as expectativas da marca nin dos usuarios no que a potenza se refire. Ademais diso detalles coma poden ser o feito de dispor dunha luneta traseira plástica e uns interiores relativamente pobres para os standares de BMW, facía que outros vehículos similares e de prezo claramente inferior coma pode ser o Mazda MX5 (Miata) fosen máis atractivos dende un punto de vista comercial.
No ano 1997 substituiuse o motor de 1.900 cc e 4 cilindros por un 6 clidndros de 2.800 cc. O motor de 2.800 cc (M52B28), similar ao do BMW M52 6 en liña, do 328i pero co bloque e culata en aluminio. A versión M Roadster apareceu en 1998 co motor 3.200 cc S52B32. No 1999, o motor de 1.900 cc e 4 cilindros foi substituído polo 2.500 cc e 6 cilindros en liña M52TUB25 170 cv (130 kW), nos Estados Unidos, mentres que no resto do mundo substituiuse polo 2.0 de 6 cilindros de 148 cv (110 kW) .
O preparador alemán AC Schnitzer sacou unha versión do Z3 cun motor V8 de 4.4L na versión Roadster e 5.0L na versión Coupé, chamado Hartge Z3 MQP V8).
A gama completa de motores foi cambiada no ano 2000 pasando a usarse os motores de 2.2 L M54B22 (só fora dos EEUU), 2.5 L M54B25, 3.0 L M54B30, e (para o M Roadster) 3.2 L S54B32. Estes 3 motores de 6 cilindros en liña sobreviviron ata o final da vida de produción do vehiculo.
Motores
[editar | editar a fonte]Motor | Cilindrada | Número de cilindros / de válvulas |
Potencia | Par | Anos |
---|---|---|---|---|---|
M43 B18 | 1796cc | 4/8 | 85 kW (115CV) a 5500 rpm | 168Nm a 3900rpm | 1996–1998 |
M43TU B19 | 1796 cm | 4/8 | 87 kW (118CV) a 5500 rpm | 180Nm a 3900rpm | 1998–2002 |
M44 B19 | 1895cc | 4/16 | 103 kW (140CV) a 6000rpm | 180Nm a 4300rpm | 1995–1999 |
M52TU B20 | 1991cc | 6/24 | 110 kW (150CV) a 5900rpm | 190Nm a 4200rpm | 1999–2000 |
M54 B22 | 2171cc | 6/24 | 125 kW (170CV) a 6100rpm | 210Nm a 3500rpm | 2000–2002 |
M52 B28 | 2793cc | 6/24 | 141 kW (192CV) a 5300rpm | 280Nm a 3950rpm | 1997–1998 |
M52TU B28 | 2793cc | 6/24 | 142 kW (193CV) a 5500rpm | 280Nm a 3500rpm | 1998–2000 |
M54 B30 | 2979cc | 6/24 | 170 kW (231CV) a 5900rpm | 300Nm a 3500rpm | 2000–2002 |
S50 B32 | 3201cc | 6/24 | 236 kW (321CV) a 7400rpm | 350Nm a 3250rpm | 1997–2001 |
S54 B32 | 3246cc | 6/24 | 239 kW (325CV) a 7400rpm | 354Nm a 4900rpm | 2001–2002 |