BM Ciudad Encantada
Nome do club | Balonmano Ciudad Encantada | ||
Fundado | 1989 | ||
Pavillón | Pavillón Municipal El Sargal, Cuenca | ||
Capacidade | 1 900 | ||
Presidente | Evaristo Cañas Orozco | ||
Adestrador | "Zupo" Equisoain | ||
Liga | Liga ASOBAL | ||
2009-10 | 10º (Liga ASOBAL) | ||
Equipamentos |
|
O Balonmano Ciudad Encantada ou Cuenca 2016 é un equipo de balonmán da cidade de Cuenca, Castela-A Mancha (España) que actualmente compite na Liga ASOBAL.
Historia
[editar | editar a fonte]Na tempada 1989-90 chegou a Cuenca, coa denominación de Madrid-Cuenca, a máxima categoría do balonmán español. O debut ligueiro foi no Pavillón Municipal El Sargal cunha derrota. Na tempada seguinte, co nome de Sociedad Conquense, conseguiu o ascenso ao vencer nunha eliminatoria a dobre partido ao equipo de Ciudad Real.
O equipo seguiu co nome de Sociedad Conquense ata a tempada 1993-94, na que a liga se disputou en dous grupos de oito equipos cada un. Os catro primeiros clasificados de cada grupo xogábanse o título nunha segunda fase, e os catro últimos de cada grupo loitaban por evitar o descenso. O equipo conquense non se clasificou entre os oito primeiros na primeira fase, mais logrou o segundo posto na liguiña de equipos que loitaban por non perder a categoría, conseguindo así a súa mellor clasificación na máxima categoría.
Na tempada 1994-95 o club pasou a denominarse Balonmano Conquense e, na seguinte tempada, a 1995-96, logo de lograr a permanencia tras unha eliminatoria disputada co Barakaldo ao mellor de cinco partidos, perdeu a categoría por problemas económicos, polo que xogou a tempada seguinte na División de Honra "B".
Na tempada 1997-98 o club pasou a denominarse C.D.B. Balonmano Ciudad Encantada.
O equipo continuou na División de Honra “B” ata a tempada 1999-00, na que descendeu a Primeira División Estatal.
Na primeira tempada en Primeira, a 2000-01, o equipo quedou encadrado no grupo catalán e conseguiu manter a categoría con bastante esforzo e cun cadro de xogadores procedente fundamentalmente da canteira.
Dende a tempada 2005-06 o equipo competiu na División de Honra “B”, comezando unha nova etapa do balonmán en Cuenca.
Na tempada 2007-08 conseguiu o ascenso á Liga ASOBAL.
Denominacións
[editar | editar a fonte]- 1989-90: Madrid-Cuenca.
- 1990-94: Sociedad Conquense.
- 1994-97: Balonmano Conquense.
- 1997- actualidade: C.D.B. Balonmano Ciudad Encantada.
Equipo 2010-2011
[editar | editar a fonte]
|