Saltar ao contido

Baía de Chimbote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Baía El Ferrol»)
Modelo:Xeografía físicaBaía de Chimbote
Imaxe
Tipobaía Editar o valor en Wikidata
EpónimoChimbote Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaGrau Sea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAncash, Perú Editar o valor en Wikidata
Mapa
 9°07′23″S 78°35′20″O / -9.123, -78.589

A Baía de Chimbote, chamada tamén baía El Ferrol, é unha entrada do océano Pacífico na costa norcentral do Perú. Nela aséntase a cidade de Chimbote.

A baía é a maior e segunda máis meridional, tras a baía de Santa, dunha serie de entradas do océano Pacífico na costa das provincias de Provincia de Casma e Santa no Departamento de Ancash.

Conforma unha entrada do mar entre o Cerro de La Juventud ou cerro Chimbote e a península de El Ferrol, cerrada ao norte pola Illa Branca e ao sur polas Illas Ferrol.

A Baía de Chimbote é un sitio importante e tradicional de pesca artesanal, aínda que na última metade do século XX empezou a sufrir de contaminación ambiental por parte da vertedura de produtos industriais das fábricas de fariña de peixe. Na Baía de Chimbote desemboca o río Lacramarca.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]