Baños árabes de Xirona

Os baños árabes de Xirona son unha obra que se atopa no concello de Xirona, declarados ben cultural de interese nacional.[1] Atópanse nun edificio de estilo románico tardío construído en 1194, imitando a estrutura dos baños musulmáns norte-africanos.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os chamados baños árabes son en realidade uns baños públicos de época románica, que seguen os modelos das termas romanas, dos baños musulmáns e das mikwàs xudías, tradición que foi recuperada a partir do século XI con desenvolvemento das cidades. O edificio inspírase na tipoloxía dos baños norte-africanos, mais os seus elementos arquitectónicos son plenamente románicos: arcos de medio punto, voltas de canón, capiteis corintios estilizados ó xeito do século XIII, etc.[1]
É salientable o templete octogonal con oito columnas e estrutura mixta de canón e trompa cónica, así como a lanterna exterior e as alcovas do caldarium.[1] Entre os anos 1980-1985 e 1989-1998 fixéronse diversas obras de restauración e adecuación do edificio.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Apodyterium
Vestidores -
Apodyterium
Vestidores -
Apodyterium
Vestidores -
Apodyterium
Vestidores -
Frigidarium
Sala fría -
Tepidarium
Sala morna -
Caldarium
Sala quente -
Furnus
Forno e caldeira
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Direcció General del Patrimoni Cultural de la Generalitat de Catalunya (ed.). "Banys àrabs de Girona". Pat.mapa: arquitectura. Consultado o 28 de febreiro de 2015.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baños árabes de Xirona ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Direcció General del Patrimoni Cultural de la Generalitat de Catalunya (ed.). "Banys àrabs de Girona". Pat.mapa: Jaciments.[Ligazón morta]
- Páxina dos baños (en catalán)
- Páxina con información Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.