Saltar ao contido

Babieca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento ao Cid Campeador, en Burgos.

Babieca foi o lendario cabalo que as fontes literarias, a partir do Cantar de mio Cid (escrito contra o ano 1200), e a tradición posterior, atribúen ao nobre castelán Rodrigo Díaz de Vivar, coñecido como O Cid Campeador, quen chegou a dominar practicamente todo o leste da península ibérica a finais do século XI.

Babieca nas fontes literarias

[editar | editar a fonte]

Antes de aparecer no Cantar de mio Cid, o cabalo do Cid estaba caracterizado sen nome no Carmen Campidoctoris (composto c. 1190) como un cabalo norteafricano comprado por mil dinares, de grande axilidade e velocidade, algo especialmente valorado nos cabalos de guerra, que eran robustos, pesados e relativamente lentos.[1]

Porén, no mesmo Cantar, Babieca é presentado como un trofeo de guerra que as posteriores prosificacións cronísticas do poema[2] atribúen concretamente á vitoria sobre o rei da Taifa de Sevilla,[3] relatada pouco antes no poema.[1]

  1. 1,0 1,1 (Montaner Frutos 2011, p. 871)
  2. CVR, p.235b
  3. Cantar de mio Cid, vv. 1221-1235

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]