Saltar ao contido

Balas sobre Broadway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Balas sobre Broadway
Ficha técnica
Título orixinalBullets over Broadway
DirectorWoody Allen
ProdutorRobert Greenhut
Letty Aronson
J. E. Beaucaire
Jean Doumanian
Charles H. Joffe
Jack Rollins
GuiónWoody Allen
Douglas McGrath
IntérpretesJohn Cusack
Dianne Wiest
Chazz Palminteri
Jennifer Tilly
FotografíaCarlo Di Palma
MontaxeSusan E. Morse
DistribuidoraMiramax Films
Estrea4 de setembro de 1994
Duración94 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Na rede
IMDB: tt0109348 Filmaffinity: 116799 Allocine: 11327 Rottentomatoes: m/bullets_over_broadway Mojo: bulletsoverbroadway Allmovie: v133401 TCM: 69893 BNE: XX3819860 Netlix: 338944 Editar o valor en Wikidata

Balas sobre Broadway (en inglés: Bullets over Broadway) é un filme estadounidense de 1994, dirixido por Woody Allen e protagonizado por un elenco coral que inclúe a John Cusack, Dianne Wiest, Chazz Palminteri e Jennifer Tilly.

O filme foi candidato a sete premios Oscar, incluíndo a Allen e o seu guionista Douglas McGrath ao mellor guión orixinal, Allen ao mellor director e Tilly e Palminteri como actriz e actor secundario, respectivamente. Wiest gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa interpretación, segunda vez que gañaba o premio dirixida por Allen.

Foi emitido na TVG en 1998.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

En 1928, David Shayne é un dramaturgo novo e idealista que acaba de chegar a Broadway. Para conseguir financiamento para a súa obra, God of Our Fathers, acepta contratar a Olive Neal, moza dun gánster. Ela é esixente e carece de talento, mais Cheech, o escolta do gánster, resulta ser un xenio que chega constantemente con ideas excelentes para revisar a obra.

Mentres os actores preparan, Shayne vese superado reclamando o escrito por Cheech como propio, enganando a súa parella Ellen coa sedutora e alcohólica protagonista Helen Sinclair e enfrontando que o seu protagonista, un comedor compulsivo, comece un romance con Olive.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]