Baldomero Cores
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1929 Cee, España |
Morte | 24 de decembro de 2014 (85 anos) Santiago de Compostela, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, sociólogo, escritor |
Empregador | Universidade de Porto Rico (1968–1983) Universidade Complutense de Madrid |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Gallegos Enciclopedia Galega Universal |
Baldomero Cores Trasmonte, nado en Cee o 14 de outubro de 1929 e finado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 2014, foi un avogado, xornalista, sociólogo, catedrático e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Natural do concello de Cee, trasladouse a Santiago de Compostela aos dez anos de idade, alí realizou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, na Escola Social de Santiago de Compostela e en Madrid estudou políticas na Universidade Central, foi profesor de socioloxía na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Complutense e catedrático de socioloxía na Universidade de Porto Rico (1968-1983).
Foi cronista de Cee durante os seus últimos 60 anos.[1] Colaborou en numerosos medios xornais como La Noche, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e El Correo Gallego.
En 1983 retornou da súa prolongada emigración para ser o primeiro letrado do recentemente creado Parlamento de Galicia, participando plenamente no desenvolvemento da lexislación galega.
Obras en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- O corroncho de David, 1961.
- O libro negro da Galicia electoral, 1978.
- Dereito autonómico de Galicia, 1987, Xerais.
- Ciencia e galeguidade na II República, 1989, Xunta de Galicia.
- Teoría política e comunicación social, 1993.
- A constitución da galeguidade, 1995.
- Ramón de la Sagra, 1998.
- Os senadores da Universidade de Santiago, 1998, anexo XXVI dos Cuadernos de Estudios Gallegos, IEGPS.
- Santiago de Compostela, a gran panorámica, 2000.
- Ramón de la Sagra e Galicia, 2003.
- Unha viaxe pola rúa do Vilar, 2003.
- Enrique Rajoy Leloup: un protagonista do autonomismo galego, 2005.
- Luís Porteiro Garea, 2005, 3C3.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- A memoria de Santiago, 2000, Xerais.
Obras en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Sociología rural de Galicia, 1973.
- Estatuto de Galicia: actas y documentos, 1976.
- Sociología política de Galicia, 1976.
- La devolución de Galicia: el Estatuto de ayer y hoy, 1977.
- La sociedad incompleta: el drama de la capitalidad en Galicia, 1981.
- Ramón Suárez Picallo: socialismo, galleguismo y acción de masas en Galicia, 1983, Ediciós do Castro.
- Los símbolos gallegos, 1986.
- Alfredo Vicenti: Vida y Obra de un Gran Periodista, 2009.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Emotivo adiós a Baldomero Cores en Cee". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xaneiro de 2015.
- ↑ Cores Trasmonte, Baldomero (2009). Alfredo Vicenti, vida y obra de un gran periodista (en castelán). Madrid: APM. ISBN 978-84-87641-40-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Cores Trasmonte, Baldomero". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 276.
- "Cores Trasmonte, Baldomero". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Cores Trasmonte, Baldomero". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. pp. 135–136. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Escritores de Galicia en lingua galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Enciclopedistas de Galicia
- Sociólogos de Galicia
- Galegos de Porto Rico
- Nados en Cee
- Nados en 1929
- Finados en 2014
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Profesores da Universidade Complutense de Madrid
- Cronistas de Cee
- Alumnos da Universidade Central de Madrid
- Profesores da Universidade de Porto Rico
- Avogados de Galicia
- Xornalistas de Galicia
- Ensaístas