Balduíno I de Flandres
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 830 ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 879 ![]() Auxerre, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Eekhout Abbey (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Outro | |
Título | Conde ![]() |
Familia | Casa de Flandres ![]() |
Cónxuxe | Judite de Flandres (863 (Gregoriano)–) ![]() |
Fillos | Charles van Vlaanderen, Balduíno II de Flandres, Raoul of Flanders ![]() |
Pai | Odoacer ![]() |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie ![]() |
![]() |
Balduíno I de Flandres, tamén chamado Balduíno I Brazo de Ferro, ou Balduíno I o Bo[1], nado en Laon e finado na Abadía de Saint-Bertin en 879, foi marqués ou conde de Flandres de 863 a 879[2]. Segundo a tradición, Balduíno era o fillo do "forestier" [3] Odacro (Odoacro, Odoscer, Audacer) á súa vez fillo de Ingelram (Enguerrando). Sucedeu ao seu pai como "forestier" á súa morte en 837, e distinguiuse como un formidábel guerreiro, o que lle valeu o seu alcume.
Traxcetoria
[editar | editar a fonte]Non se coñece ben a súa traxectoria. Participou na batalla de Fontenoy-en-Puisaye no 841, no campo do emperador Lotario, que foi derrotado polo seu irmán Lois o Xermánico e polo seu medio irmán Carlos o Calvo. Conde do Flandrensis Pagus, loitou activamente contra os normandos, que arrasaron a rexión da que estaba ao cargo desde 810. Dise que era de boa altura, de pel morena, de corpo e extremidades fortes e nerviosas, áxil a cabalo. A tradición faino, de novo, gañador dunha loita contra un oso da que saíu vitorioso; esta proeza fíxoo destacar ante o rei Carlos o Calvo[4].

Durante unha estancia na corte real en Senlis no 862, Balduíno levou consigo a princesa Xudit (c. 843 - 870), filla do rei Carlos o Calvo e de Ermentruda de Orleáns. Xudit non tiña aínda vinte anos, pero era a viúva de dous reis anglosaxóns: de Aethelwulf (m. 858) e do fillo deste Aethelbald de Wessex (m. 860), reis de Wessex. Para cometer o secuestro, Balduíno conseguiu a axuda do irmán de Xudit, o príncipe Lois, o futuro Lois o Tatexo. Non se sabe se foi por amor ou por cálculo político. O certo é que Xudit parece que o seguiu voluntariamente, convenientemente disfrazada. Balduíno casou en segredo con ela en Harelbeke e por medo ás consecuencias das súas accións, buscou refuxio con Lois II o Mozo, mentres que Lois o Tatexo buscou seguridade en Bretaña (?). Antes, o rei opúxose ao matrimonio, polo que enviou cartas ao xefe viquingo Rorik de Dorestad e ao bispo Hunger, pedíndolle que non lles desen asilo e mesmo persuadiu aos seus bispos para excomungalos. A excomuñón foi pronunciada por unha asemblea de bispos celebrada en Soissons[5]. Balduíno e Xudit foron despois a Roma para defender a súa causa ante o papa Nicolao I. O pontífice intercedeu moito co rei de Francia occidental, ao que finalmente convenceu. O matrimonio foi ratificado en Auxerre, segundo as fontes 862 ou 863[6][7], pero en ausencia do rei.
Este episodio é a orixe dunha lenda de Artois, apoiada nas crónicas da abadía de Mont Saint-Eloi, que atribúe a Balduíno a presenza de dous megálitos chamados "As pedras xemelgas" ou "Pedras de Acq" na aldea de Écoivres, preto de Arras.
Ademais dos bosques, Carlos o Calvo atribuíu a Balduíno a marca de Flandres (é dicir, o territorio entre o Escalda occidental e o Yser do sur, que defendía o norte do territorio franco) nunha doazón de 866. En 870 adquiriu o territorio correspondente á Abadía de Sankt Peter de Gante; defendeu os seus territorios contra as incursións dos viquingos. Balduíno I fortificou Gante, Arras e Bruxas, a capital, onde fundou, segundo lenda, a igrexa de San Donato, no lugar dunha antiga capela dedicada á Virxe. O corpo de Donato, oitavo bispo de Reims, foi levado alí. En 870, o marqués tamén construíu un convento beneditino en Furnes, que recibiu as reliquias de Santa Walburga (Walpurgis).
Balduíno Brazo de Ferro foi de feito o último conde funcionario[8] da provincia de Bélxica Segunda (Belgica Secunda)[9]. En 877 (á morte de Carlos o Calvo), apoiou a Lois II de Francia; o cargo volveuse hereditario na casa de Balduíno e o condado de Flandres entrou no período feudal, sendo un dos principais señores de Francia Occidentalis.
Balduíno I morreu en 879 en Sithiu (despois Saint-Omer), despois de tomar o hábito monástico na abadía de Saint-Bertin. Está enterrado na abadía, mentres o seu corazón e os seus intestinos foron levados á igrexa de San Pedro en Gante[10].
Descendentes
[editar | editar a fonte]Do seu matrimonio coa carolinxia Xudit tivo tres fillos:
- Carlos, falecido aos 12 anos.
- Balduíno II dito o Calvo, segundo conde de Flandres (? - 918 ).
- Raúl (? - 17 de xuño de 896 ), conde de Cambrai, asasinado por Heriberto I de Vermandois[11].
- Guinidilda de Empuries.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Balduíno, filln de Odacro no sitio web da Fundación de xenealoxia medieval
- ↑ A data de 879 dana Le Glay, Desmulliez et Milis, Douxchamps, Carson, Miroir de la Flandre, Éd. Lanoo, ISBN 90-209-2714-0; algunhas fontes inician o goberno en 861 oi 862
- ↑ O forestier, hoxe forestal, daquela era un funcionario equivalente a castelán, encargado da administración dos bosques reais.
- ↑ Michel Pastoureau, L'ours - Histoire d'un roi déchu, Seuil Librairie du XXIe siècle, ISBN 978-2-02-021542-8, p. 61
- ↑ Louis Victor Pécheur, Annales de Soissons, 1863, p. 440
- ↑ Georges Henri Dumont Histoire de la Belgique 1999, p. 57 dá a data de decembro de 862; Desmulliez et Milis como Le Glay dan 863.
- ↑ Micheline Dupuy Françaises, reines d'Angleterre 1968, p. 43
- ↑ Janine Desmulliez et Ludo Milis, in Histoire des provinces françaises du Nord, baixo a dirección de Alain Lottin, volume 1. De la Préhistoire à l'an Mil - Collection "Histoire", Westhoek Éditions des Beffrois, 1988, ISBN 2-903077-71-1, Conclusion, p. 234
- ↑ Le Glay, Histoire des comtes de Flandre volum 1 pàg. 41, segons Chronicon Sancti Bavonis (any 867) i Chronicon Sithii Sancti Bertini apud Bouquet. La Belgica Secunda es tanmateix definida: Præceptores Ludovici Pii, de divisione regni sui inter filios; apud Chesnium, script. franc. a Histoire... volum 1, pàg. 34: «...les noms de cantons dont se composait la seconde Belgique. Il y en avait treize: la Hesbaie, le Brabant, la Flandre, le pays des Ménapiens, le Mélantois, le Hainaut, l'Ostrevant, l'Artois, le pays de Térouane, le Boulonnais, Quentovic, le Cambrésis, le Vermandois.»
- ↑ Le Glay, op. cit., p. 44.
- ↑ Raúl terceiro fillo de Balduíno I o Bo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Balduíno I de Flandres ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Balduíno I Conde de Flandres na Biographie nationale de Belgique
- Le Glay Edward : Histoire des comtes de Flandre jusqu'à l'avènement de la Maison de Bourgogne, Comptoir des Imprimeurs-unis, París, MDCCCXLIII.
- Dumont Georges-Henri: Histoire de la Belgique, Histoire/le cri, Bruxelas 1977, ISBN 2-87106-182-3.
- Douxchamps Cécile et José: Nos dynastes médiévaux, Wepion-Namur 1996, José Douxchamps, editor; ISBN 2-9600078-1-6.
- Desmulliez Janine et Milis Ludo: Histoire des provinces françaises du Nord (dir. Alain Lottin), volum 1 De la Préhistoire à l'an Mil, Westhoek Éditions des Beffrois, 1988, ISBN 2-903077-71-1.
- Balduíno I de Flandres.
- Condado de Flandres.