Saltar ao contido

Rorcual boreal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Balea de pintas»)
Rorcual boreal
Balaenoptera borealis

Tamaño en comparación do dun humano
Tamaño en comparación do dun humano

Estado de conservación
En perigo
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Mysticeti
Familia: Balaenopteridae
Subfamilia: Balaenopterinae
Xénero: Balaenoptera
Especie: B. borealis
Nome binomial
Balaenoptera borealis
Lesson, 1828 [1]
Distribución de Balaenoptera borealis
Distribución de Balaenoptera borealis

Distribución de Balaenoptera borealis
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

O rorcual boreal,[2] Balaenoptera borealis Lesson, 1828, é unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos.

Despois de ser cazado a grande escala nos mares do sur a mediados do século XX, época na que se mataron uns 200 000 exemplares, o rorcual boreal é hoxe unha especie protexida internacionalmente.

Taxonomía e nomenclatura

[editar | editar a fonte]

A primeira descrición desta especie débese a René Primevère Lesson, en 1828, en Histoire naturelle générale et particulière des Mammifères et des Oiseaux découverts depuis 1788 jusqu'à nos jours. París: Baudoin Frères, 1: 342.[3]

Pero fora recoñecida pouco antes (1822) por Karl Asmund Rudolphi, como Balaena rostrata,[4] de maneira que nos países anglosaxóns este catáceo se denomina ás veces como Rudolphi's rorqual,[5] e nos países francófonos como rorqual de Rudolphi.[6]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome que lle deu Lesson, e actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[4]

  • Balaena rostrata Rudolphi, 1822
  • Balaenoptera alba Giglioli, 1870
  • Balaenoptera arctica Temminck, 1841
  • Balaenoptera iwasi Gray, 1846
  • Balaenoptera laticeps Gray, 1846
  • Balaenoptera schlegelii Van Beneden & Gervais, 1880
  • Balaenoptera schlegellii Dabbene, 1902
  • Belaenoptera schlegeli Lahille, 1899
  • Pterobalaena alba Giglioli, 1874
  • Pterobalaena schlegeli Tomilin, 1957
  • Pterobalaena schlegeli alba Tomilin, 1957
  • Sibbaldius schlegelii Gray, 1864

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Identificáronse dúas subespecies:[3]

As análises xenéticas poden aínda causar que ambas as subespecies sexan reclasificadas como especies diferentes.[3]

O nome rorcual sei

[editar | editar a fonte]

Na bibliografía en varios idiomas, incluídos o castelán e o portugués, a especie adoita denominarse, ademais de por outros nomes, como rorcual sei (castelán) ou baleia-sei (portugués), que son adaptacións do seu nome inglés, sei whale, que provén do noruegués seikval ou seihval: Sei significa nos idiomas escandinavos "abadexo", peixe similar ao bacallau, e val, ou hval, "balea". Os rorcuais boreais aliméntanse de bacallaus xuvenís, entre outras especies de pequenos peixes e de cefalópodos, nas augas de Noruega, polo que estes peixes e as baleas frecuentemente eran vistos xuntos, dando ao rorcual ese nome.

Outros nomes galegos

[editar | editar a fonte]
Representación dun rorcual boreal nun selo de correos das illas Feroe.
Esqueleto de Baleonoptera borealis no salón central do Museo Nacional de Historia Natural de Chile, un dos símbolos desta institución.

Na bibliografía dispoñíbel, ademais do nome inicialmente proposto pola Sociedade Galega de Historia Natural, na súa provisoria Lista patrón dos vertebrados de Galicia publicada no Tomo I, O Medio, da inacabada Xeografía de Galicia dirixida por Pérez Alberti,[2] que é o adoptado aquí, esta especie aparece denominada con outros dous nomes galegos ben diferentes:

  • rorcual de pintas, en Lahuerta e Vázquez,[9] e
  • balea de pintas, en Díaz d'a Silva e Cartelle.[10]

Diferentes non polos nomes rorcual e balea, que se poden considerar como sinónimos válidos, senón polo común "apelido" de pintas, que se afasta dos normalmente empregados na bibliografía internacional na que, ademais de ser coñecido como rorcual sei (ou equivalentes) prefírese a adaptación do nome científico específico, borealis,[11] como no seu día fixera a SGHN.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Habitante da todos os océanos do planeta, especialmente en mar aberto e en zonas de augas profundas,[12] evita as augas polares e tropicais, así como os mares intracontinentais, semipechados. Efectúa unha migración anual desde os mares subpolares fríos en verán, cara aos mares subtropicais temperados en inverno, e viceversa, aínda que non se coñecen de forma precisa as súas rutas migratorias na maior parte das rexións do globo.[13]

Características

[editar | editar a fonte]

O rorcual boreal é, despois da balea azul e do rorcual común, o terceiro balenoptérido máis grande do mundo.[14]. Estas baleas alcanzan unha lonxitude de 20 m e un peso de 45 t.[13]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Un rorcual boreal inxire diariamente unha media de 900 kg de alimento, composto esencialmente por copépodos, krill e outras formas de zooplancto.[15]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Os rorcuais boreais están entre os cetáceos máis rápidos, cunha velocidade que pode superar os 50 km/h en distancias curtas.[15]

Ameazas: caza

[editar | editar a fonte]

A intensa caza industrial a que foi sometida a especie, especialmente entre finais do século XIX e a primeira metade do XX, case a fixo desaparecer; neses anos capturáronse uns 238 000 individuos.[16]

Na actualidade, case ao bordo da extinción, o rorcual boreal é unha especie protexida internacionalmente.[17]

Estado actual

[editar | editar a fonte]

A UICN, en 2008, debido que a causa da drástica redución da poboación desta especie por mor da caza comercial é probabelmente irreversíbel, aínda tendo en conta que na actualidade xa non se practica a caza. Por esta razón, a especie foi avaliada como "EN" (en perigo).[17]

  1. Balaenoptera borealis Lesson, 1828 no ITIS.
  2. 2,0 2,1 Pérez Alberti, A. dir. (1982), p. 210.
  3. 3,0 3,1 3,2 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
  4. 4,0 4,1 Balaenoptera borealis Lesson, 1828 no WoRMS.
  5. W. A. Watkins e W. E. Schevill (1979): "Aerial observations of feeding behavior in four baleen whales: Eubalaena glacialis, Balaenoptera borealis, Megaptera novaeangliae, and Balaenoptera physalus", J. of Mammalogy 60: 155–163 Ver en liña.
  6. Balaenoptera borealis en Muséum national d'Histoire naturelle.
  7. Balaenoptera borealis borealis Tomilin, 1946 no WoRMS.
  8. Balaenoptera borealis schlegelii Tomilin, 1946 no WoRMS.
  9. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 309.
  10. Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), pp. 130-131.
  11. Nomes vulgares desta especie nalgúns idiomas próximos ao galego:
    • catalán: rorqual boreal
    • francés: rorqual boréal
    • italiano: balenottera boreale
    • portugués: baleia-boreal (tamén baleia-sei, baleia-glacial e baleia-sardinheira).
  12. R. Gambell (1985): "Sei Whale Balaenoptera borealis Lesson, 1828". En S. H. Ridgway e R. Harrison, eds.: Handbook of Marine Mammals, volume 1The Sirenians and Baleen Whales. London: Academic Press. ISBN 0-12-588503-2.
  13. 13,0 13,1 R. Reeves, G. Silber e M. Payne (1998): Draft Recovery Plan for the Fin Whale Balaenoptera physalus and Sei Whale Balaenoptera borealis. National Marine Fisheries Service. Silver Spring, Maryland, USA Ler en liña Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  14. S. L. Perry, D. P. DeMaster e G. K. Silber (1999): "The Great Whales: History and Status of Six Species Listed as Endangered Under the U.S". Endangered Species Act of 1973, Número especial. Marine Fisheries Review 61 (1): 52-58.
  15. 15,0 15,1 Balaenoptera borealis en Animal Diversity Web. (en inglés)
  16. L. Horword (1897): The sei whale: population biology, ecology, and management. Kent, England: Croom Helm Ltd. ISBN 0-7099-4786-0.
  17. 17,0 17,1 Reilly, S. B., Bannister, J. L., Best, P. B., Brown, M., Brownell Jr., R. L., Butterworth, D. S., Clapham, P. J., Cooke, J., Donovan, G. P., Urbán, J. & Zerbini, A. N. (2008): Balaenoptera glacialis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2016-1. Consultada o 29-07-2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]