Balli Kombëtar
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Balli Kombëtar | |
---|---|
Tipo | organización política |
Ideoloxía | Nacionalismo albanés, Grande Albânia, Anti-Greek sentiment, Serbofobia e agrarianismo |
Data de fundación | novembro de 1942 |
Data de disolución | 1945 |
Presidente/a | Midhat Frashëri (-) |
País | Albania |
[ editar datos en Wikidata ] |
Balli Kombëtar (literalmente Fronte Nacional) foi unha organización nacionalista e anticomunista albanesa que se fundou en 1939[1] baixo o nome de Movemento de Resistencia Nacional (Lëvizjes kombëtare të Rezistencës)[2] como un movemento de resistencia[3][4][5] durante a segunda guerra mundial. Ali Këlcyra e Mid'hat Frashëri foron os seus principais dirixentes.[6]
Historia
[editar | editar a fonte]Creación
[editar | editar a fonte]En maio de 1939, ao pouco da invasión italiana de Albania, Frashëri mantivo na súa casa de Tirana a primeira reunión secreta de opositores antifascistas[7] [8] da que xurdiu en outono dese ano [2] un movemento de resistencia de corte político, con Frashëri como líder e ao recentemente chegado do exilio Këlcyra, dirixente da organización Bashkimi Kombëtar que axuntaba a opositores ao réxime do rei Zog, como o segundo home forte da organización. Boa parte dos seus membros estaba composta pola elite terratenente e intelectual do país, así como por funcionarios e militares, principalmente do sur de Albania. Politicamente apostaba polo republicanismo, cun forte matiz nacionalista, co obxectivo de expulsar os invasores italianos e crear unha Grande Albania, que abranguese todos os territorios habitados tradicionalmente polos albaneses[9] é á vez querían unha forma de goberno democrática, con reformas económicas e sociais [10]. O seu lema era Shqipëria Shqiptarëve, Vdekje Tradhëtarëve[11]: "Albania para os albaneses. Morte aos traídores" e os seus integrantes denominábanse ballistët. Nos primeiros dous anos foron anos de resistencia pasiva, principalmente organización de demostracións antifascistas e distribución de propaganda nacionalista, mais tamén se estableceron contactos cos aliados, na procura dunha intervención [12] e só a partir de 1941 comezaron a organizar unidades guerrilleiras para ataques rápidos contra das forzas de ocupación italianas[10]. En novembro de 1941 formouse o Partido Comunista de Albania que a partir de 1942 formou unidades guerrilleiras para se enfrontar os italianos, o que levou a un aumento da actividade militar dos nacionalistas, so o control político dos consellos locais ballistas[13] e ao aumento da súa base social, coa incorporación en gran número de estudantes, campesiños, obreiros ou comerciantes[10], así como tamén antigos altos cargos políticos como Aziz Çami, Lef Nosi, Fuat Dibra, Hasan Dosti ou Bahri Omari[14].
En setembro de 1942 ao se realizar unha xuntanza dos diversos grupos de resistencia contra da ocupación italiana, coñecida como Conferencia de Pezë, Frashëri non acudiu, pero enviou un observador, Halim Begeja, que foi co título de secretario político da Xuventude Nacionalista Albanesa. Ao pouco, en outubrou ou novembro de 1942, estableceuse formalmente Balli Kombëtar cun programa de dez puntos, coñecido como o Decálogo, elaborado por Këlcyra e Isuf Luzaj, e que se publicou clandestinamente no folleto Dekalogu i organizatës nacionaliste Balli Kombëtar[15] que presentaba o programa básico como partido nacionalista e democrático.
Feble alianza cos comunistas
[editar | editar a fonte]Por mor da eficacia organizativa dos comunistas, os ballistas temían que os seus rivais lograsen unha vantaxe irreversible. Mentres os ballistas mantiñan unha organización feble, tanto política como militar, e os seus ataques contra dos ocupantes seguían a ser esporádicos e, por riba, algunhas das súas organizacións rexionais non respectaban as directrices da dirección e seguían unha vía independente. Para lograr unha posición política máis favorable a partir do outono de 1942 os ataques ballistas contra dos italianos aumentaron un chisco[16], pero sempre moi por atrás da capacidade bélica dos comunistas, e así as unidades ballistas cooperaron, aínda que esporadicamente, coas comunistas ata mediados de 1943[17]. Esta cooperación viuse favorecida, ao primeiro, por seren os ballistas principalmente activos no rural mentres os comunistas tiñan maior actividade nas cidades, mentres os ballistas controlaban algunhas cidades do sur de Albania que servían de refuxio a comunistas que fuxían dos ocupantes italianos. No verán de 1943 o Special Operations Executive británico enviou axentes a Albania para lograr unha coalición entre dos diversos grupos que loitaban contra dos ocupantes. O desembarco aliado en Sicilia o 9 xullo de 1943, cunha Italia fascista moi debilitada, favoreceu o diálogo entre comunistas e ballistas que principiaron negociacións secretas o 26 de xullo nunha aldea, Tapizë, próxima a Tirana, a delegación de Balli Kombëtar encabezábaa Frashëri mentres os comunistas tiñan á fronte a Ymer Dishnica. Ao ter coñecemento as autoridades italianas da xuntanza, os particiapantes trasladáronse á aldea de Mukaj[18], e alí o 2 de agosto asinaron o coñecido como Acordo de Mukje no que selaron unha alianza para a loita conxunta contra da Italia fascista [19]. Entre os puntos do documento figuraba o compromiso dos dous partidos de organizaren eleccións libres e democráticas logo da guerra, e tamén se incluía no acordo a reivindicación da unificación dos territorios habitados por albaneses, malia unha longa discusión por mor da oposición inicial dos comunistas[18]. Para xestionar a execución do acordo[20] formouse o Comité para a Salvación de Albania (Komiteti i Shpëtimit Kombëtar) con igual representanción dos dous partidos. Pero o breve período de colaboración pronto rematou, o representante dos comunistas iugoslavos diante os comunistas Svetozar Vukmanovic-Tempo denunciou o acordo e meteu presión á dirección comunista albanesa para renegar do acordo [21] [22] e así a dirección do Partido Comunista de Albania amosou a súa oposición ao acordo, e en especial a cláusula sobre a anexión de Kosovo e Dibra a Albania. Hoxha declarou o acordo nulo o 8 de agosto, e en setembro nunha conferencia do comité central rexeitaron formalmente o documento de Mujke e declararon unha loita total contra dos ballistas[20] denominando a Balli Kombëtar inimigo do pobo e por primeira volta empregaron o termo que se fixo habitual despois, Balli Tradhëtar (fronte traidora). Tamén os aliados da segunda guerra mundial estaban en contro de Kosovo formar parte de Albania, xa que a súa posición oficial era a volta ás fronteiras anteriores á guerra [22], xa que logo, os ballistas mantiñan unha actitude morna cara ás forzas británicas polo temor a perder o territorio que os italianos integraran en Albania en 1941 e vían Iugoslavia e Grecia como verdadeiros inimigos de Albania co posible paso de Kosovo e Dibra a Iugoslavia e que o apoio a Grecia puidera por fin ás aspiracións albanesas en Cameria, ademais de pór en perigo Korçë e Gjirokastër, que tamén eran un bastión dos ballistas. Malia o seu odio polos invasores, os ballistas temían unha vitoria aliada que levase a unha toma comunista de Albania[23].
Loita cos comunistas
[editar | editar a fonte]Ao capitular Italia, o 8 de setembro de 1943, as tropas alemás substituíron as italianas en Albania. Os comunistas, aproveitando a caótica situación militar, atacaron unidades ballistas, e o primeiro incidente grava xa aconteceu o mesmo día 8, na zona de Korça os comunistas locais co reforzo de 50 camaradas gregos atacaron unha unidade ballista que estaba a descansar en Zeqisht e mataron a seis dos seus guerrilleiros. Ao longo de setembro houbo máis incursións, nas zonas de Kuçovë, Lushnjë e Berat [24]. A situación continuou a se agravar e no interior de Albania, so ocupación estranxeira, a guerra civil substituíu á resistencia nacional[25]. O 15 de outubro dous mil partisanos comunistas atacaron unha unidade ballista moito máis pequena nos arredores de Prezë[26]. O incidente máis grave aconteceu cando o comandante comunista Mehmet Shehu odenou á súa brigada atacar unha unidade ballista e capturou 68 ballistas, e executou os 67 ballistas que se negaron a incorporarse ás súa filasz[27]. O 4 de novembro os comunistas atacaron un batallón de ballistas de Aziz Çami, mataron cincuenta ballistas e prendéronlle lume as casas de 25 familias nas aldeas Gjorm, Lepenica e Smokthina, acusadas de simpatizar cos ballistas. O SOE intentou facer de intermediario para a cooperación entre os grupos monárquicos, Balli Kombëtar e os comunistas, mais estes deixaron claro que non ían deixar de combater os que denominaban "traidores reaccionarios".[28]Semellaba que o principal inimigo dos comunistas xa non eran os ocupantes alemáns, senón os ballistas e o recentemente formado movemento monárquico Legaliteti, que dirixía Abaz Kupi, o que provocou que as actividades de resistencia armada de Balli Kombatëre practicamente cesaron, a súa política cambiou do antifascismo ao anticomunismo, e os seus ataques concentráronse contra das unidades comunistas, mais estes eran superiores en número e expulsaron os ballistas de varias cidades do sur de Albania, e ao rematar o ano só Vlorë resistía en mans dos ballistas [20]. A finais de 1943 os destacamentos de Balli Kombëtar quedaron en ferramentas dos ocupantes alemáns e participaron á súa beira na guerra de inverno contra dos milicianos comunistas. Os dirixentes de Balli Kombëtar xustificaron a súa colaboración cos alemáns e alegaron que a súa única oportunidade para acadar os seus obxectivos políticos era apoiar o exército alemán. Non obstante, continuaron a negociar con representantes dos aliados. Mais estes, especialmente a partir da primavera de 1944, viraron os seu apoio cara aos comunistas e os seus aliados pola súa maior fortaleza[25].
No outono de 1943, a Italia fascista capitulou. O seu lugar foi ocupado polas tropas da Alemaña fascista que comezaron a perseguir aos soldados italianos e, por provocacións comunistas, tamén aos destacamentos das brigadas partidarias. [21] Importante para o goberno interino de Ibrahim bey Biçakçi foi a reunión da Asemblea Nacional para formar o goberno baseado na antiga constitución de Zog. A Asemblea reuniuse en outubro no Palacio Real. Hermann Neubacher, o xefe da oficina do Ministerio de Asuntos Exteriores nazi para os Balcáns, informou ao goberno provisional sobre o recoñecemento que Alemaña deu á independencia de Albania entregando a correspondente carta ao presidente do Comité Nacional, Ibrahim Bej Bicak. Coa decisión da Asemblea Nacional, formouse o Consello de Rexencia, que ocuparía o lugar do rei, nunha forma de estado prevista polas decisións do Congreso de Lushnja . Por outra banda, segundo Neubacher, o recoñecemento da neutralidade e a relativa soberanía de Albania por parte de Alemaña, e o cumprimento das necesidades militares de Alemaña para a presenza das súas tropas en Albania constituíron unha nova tipoloxía de recoñecemento no dereito internacional. [29]
O goberno formado en cooperación cos alemáns destruíu dúas brigadas comunistas [21] ao suroeste de Tirana de 2.000 persoas, [23] nesta cooperación tamén axudaron as tropas da Fronte Nacional.
Cando Alemaña comezou a perder forza a principios de 1944 (Alemaña estaba a perder varias batallas no mundo contra os aliados), a situación de Ball en Albania tamén se debilitou, xa que os alemáns non podían apoiar a Ball como antes. Con esta situación favorable, os partidarios iniciaron un ataque frontal contra Balli. Os oficiais británicos observaron que os comunistas estaban usando as armas que lles daban os británicos para loitar contra Balli moito máis que para loitar contra Alemaña. [30] Occidente estaba notando que os comunistas non poderían gañar contra os Ballistas sen as armas dos británicos, estadounidenses e Iugoslavia, [30] e que os comunistas non tiñan medo de matar aos seus propios compatriotas. [31]
Despois da Segunda Guerra Mundial coa vitoria do Partido Comunista, a maioría dos dirixentes da Fronte Nacional foron encarcerados, executados ou torturados polo seu papel anticomunista acusados de ser colaboradores.
A Fronte Nacional nas rexións albanesas de Kosovo e MacedoniO
[editar | editar a fonte]A Alemaña nazi recrutou a miles de albaneses na división SS Skanderbeg, coa axuda do ministro do Interior, Xhaferr Deva . [32] [33] A Fronte Nacional tamén formou a Segunda Liga de Prizren para poder manter as fronteiras ampliadas de Albania.
Despois de que os alemáns foran expulsados polos partisanos iugoslavos de Tito, e despois de que os comunistas gañasen a guerra en Albania, Tito ordenou a recollida de armas en Kosovo e a detención dos líderes balísticos albaneses de Kosovo. [34] A orde foi mal recibida polos albaneses de Kosovo e provocou un levantamento. O 2 de decembro de 1944, mísiles balísticos da provincia de
Drenica atacou a mina de Trepca e outros obxectivos. [34] Case 2.000 anticomunistas albaneses resistiron durante dous meses unha forza partidista iugoslava de 30.000 soldados. Tamén en Kircove, Gostivar e Tetovo, os balísticos restantes intentaron manter o control das áreas aínda que as tropas iugoslavas declararan a vitoria. [35] Despois da Segunda Guerra, en Kósovo e Macedonia, así como en Albania, a maioría dos líderes da Fronte Nacional foron encarcerados, executados ou torturados polo seu papel na Segunda Guerra.
Aínda que o levantamento foi reprimido, só en 1947 Kosovo puido integrarse na Federación Iugoslava, despois de dous anos de resistencia. [36]
A Fronte Nacional en Montenegro e Sandjak
[editar | editar a fonte]Partes de Montenegro foron anexadas a Albania en 1941, como Bellopoja, Pljevlja, Plava, Tutini, Plava, Gucia, Rozhaja e Ulqini . A maioría dos musulmáns eslavos, como Xhemal Konicanin, uníronse aos albaneses da Fronte Nacional. Konicanini, un iugoslavo de Tutini, formou o batallón Sanjak, coa axuda do ministro do Interior, Xhaferr Deva. Konicanini identificouse coas aspiracións do estado albanés e foi o seu oficial.
Haqif Blyta, o entón alcalde de Novi Pazar e membro do partido de Nexhip Draga, [37] Xhemal Konicanini e as forzas balísticas, organizadas por Shaban Polluzha, derrotaron con éxito ás forzas chetnik de Novi Pazar e destruíron o seu centro en Banja . [38]
Mesmo nas áreas albanesas de Montenegro e Sanjak, como en Albania, Kosovo e Macedonia, os antigos participantes na Fronte Nacional foron torturados, executados e aniquilados despois da Segunda Guerra Mundial pola UDB e os gobernos iugoslavos dirixidos polo Partido Comunista Iugoslavo.
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]Mit'hat Frashëri cría que as terras albanesas baixo o Imperio Otomán estaban divididas inxustamente na Primeira Guerra Mundial entre o Reino de Iugoslavia e Grecia. [39] Despois da Segunda Guerra Mundial, Mit'hat Frasheri comezou a falar da etnia Albania . Cando Mit'hat Frasheri formou a Fronte Nacional, baseou as súas ideas nacionalistas na ideoloxía de Abdyl Frasheri, Ymer Prizren e Isa Boletini . Os traballos de Franz Nopcsa, von Hahn e Milan Šufflay axudaron a fortalecer a ideoloxía nacionalista albanesa de Balli. [40] [41]
O legado da Fronte Nacional
[editar | editar a fonte]Despois de que a Segunda Guerra Mundial rematou, e a Fronte Nacional foi derrotada polos comunistas iugoslavos e albaneses, os combatentes da Fronte Nacional fuxiron dos Balcáns e foron a países como Austria, Estados Unidos de América, Australia, Suíza e América do Sur . Balistas que non puideron escapar foron executados.
Tetova foi unha das bases da Fronte Nacional en Macedonia e a cidade aínda ten fortes vínculos co nome da Fronte. Os fans do club Shkëndija teñen un grupo chamado Balliste . [42]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Frashëri T. (2007). Ali Këlcyra, aristokrati kuqezi. Çabej. p. 197.
- ↑ 2,0 2,1 Këlcyra A., Shkrime për historinë e Shqipërisë, kujdesë nga Tanush Frashëri; "Onufri", Tiranë 2012; ISBN 978-99956-87-81-6.
- ↑ Ermenji, A. e Frashëri, M. (1944), 'Manifest i Ballit Kombëtar', Mid'hat Frashëri: Vepra të zgjedhura, Vol.1, pp.597-609.
- ↑ Frashëri, M. (1944), 'Shpifni, shpifni, se diçka do të mbetet!: Komunizmi s'ka asnje ndryshim nga fashizmi', Mid'hat Frashëri: Vepra të zgjedhura, Vol.1, pp.597-609.
- ↑ Frashëri, M. (1945), 'Balli Kombëtar i keqkuptuar dhe i keqinterpretuar' , Mid'hat Frashëri: Vepra të zgjedhura, Vol.1, pp.615-621.
- ↑ Jelavich, Barbara (1983). History of the Balkans. Vol. 2: Twentieth Century. Cambridge University Press. p. 274. ISBN 0-521-27459-1.
- ↑ Pearson, Owen (2004). Albania and King Zog: Independence, Republic and Monarchy 1908–1939. Centre for Albanian Studies. p. 482.
- ↑ Zavalani, Tajar (2015). History of Albania. Centre for Albanian Studies. p. 248.
- ↑ Elsie, Robert (2010). Historical Dictionary of Albania. Scarecrow Press. p. 30.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Jacques, Edwin E. (2009). The Albanians: An Ethnic History from Prehistoric Times to the Present. McFarland. p. 415.
- ↑ Pearson, Owen (2006). Albania in Occupation and War: From Fascism to Communism 1940-1945. Bloomsbury. p. 272.
- ↑ Vickers, Miranda (2014). The Albanians: A Modern History. I.B. Tauris. p. 142.
- ↑ Pollo, Stefanaq e Puto, Arben (1981). The History of Albania from its Origins to the Ppresent Day. Routledge & Kegan. p. 233.
- ↑ Elsie, Robert (2013). A Biographical Dictionary of Albanian History. Tauris. p. 342.
- ↑ "1942 Balli Kombëtar: The Ten-Point Programme". Albanian History.
- ↑ Fevziu, Blendi (2016). Enver Hoxha: The Iron Fist of Albania. I.B. Tauris. p. 75.
- ↑ Réti György (2000). Albánia sorsfordulói. Aula. p. 79.
- ↑ 18,0 18,1 Stefanaq Pollo, Stefanaq e Puto, Arben (1981). The History of Albania from its Origins to the Present Day. Routledge & Kegan. p. 235-236.
- ↑ Fischer, Bernd Jürgen (1999). Albania at War, 1939-1945. Purdue University Press. pp. 132–133.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 Zavalani, Tajar (2015). History of Albania. Centre for Albanian Studies. p. 258.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 Benanti F. (2012). Lufta ime më e gjatë: Shqipëri 1943-1948. Naimi.
- ↑ 22,0 22,1 Vickers, Miranda (1998). Between Serb and Albanian: A History of Kosovo. Hurst & Company. p. 131.
- ↑ 23,0 23,1 http://books.google.com/books?id=P3knunC7z_oC&pg=PA272&dq=balli+kombetar&hl=en&ei=c2Q5ToPoGsnfmAWO8cC4Bw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=4&ved=0CDcQ6AEwAw#v=onepage&q=balli%20kombetar&f=false. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ Pearson, Owen (2006). Albania in Occupation and War: From Fascism to Communism 1940-1945. Bloomsbury. pp. 276–279.
- ↑ 25,0 25,1 Jacques, Edwin E. (2009). The Albanians: An Ethnic History from Prehistoric Times to the Present. McFarland. p. 421.
- ↑ Pearson, Owen (2006). Albania in Occupation and War: From Fascism to Communism 1940-1945. Bloomsbury. p. 398.
- ↑ Pearson, Owen (2006). Albania in Occupation and War: From Fascism to Communism 1940-1945. Bloomsbury. p. 290.
- ↑ Pearson, Owen (2006). Albania in Occupation and War: From Fascism to Communism 1940-1945. Bloomsbury. p. 303.
- ↑ (en alemán) Neubacher H., Sonderauftrag Südost 1940-45: Bericht eines fliegenden Diplomaten (Göttingen 1956), f.105-121.
- ↑ 30,0 30,1 http://books.google.com.au/books?id=zyF_-9TtoUsC&pg=PA72&dq=Balli+Kombetar&hl=en&ei=exM4TpqaOa7NmAWI2f2jAg&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=3&ved=0CDQQ6AEwAg#v=onepage&q=Balli%20Kombetar&f=false. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ http://books.google.com.au/books?id=TSzUvxV0WVQC&pg=PA187&dq=Balli+Kombetar&hl=en&ei=eRc4TtWPO7CCmQWNgeGfAg&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=9&ved=0CFAQ6AEwCA#v=onepage&q=Balli%20Kombetar&f=false. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ . ISBN 978-0-8108-5309-6 http://books.google.com/books?id=Fnbw1wsacSAC&pg=PA51. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ . ISBN 978-0-231-70050-4 http://books.google.com/books?id=R8d2409V9tEC&pg=PA209. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ 34,0 34,1 . ISBN 978-0-253-34656-8 http://books.google.com/books?id=FTw3lEqi2-oC&pg=PA141. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ http://www.zemrashqiptare.net/article/Personalitete/11309/?highlight=Mefail+Shehu&match=. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ http://books.google.com.au/books?id=nvD2rZSVau4C&pg=PA31&dq=Xhafer+Deva&hl=en&ei=JsdHTs-_MI-HrAfj45jsAw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=6&ved=0CE0Q6AEwBQ#v=onepage&q=Xhafer%20Deva&f=false. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ (PDF) http://www.crisisgroup.org/~/media/Files/europe/162_serbia_s_sandzak_still_forgotten.pdf. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ http://www.bosnasancak.net/forum/showthread.php?2754-Heroji-Sandzaka-Acif-Hadziahmetovic-%281887-1945%29. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 18 de febreiro de 2023.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 18 de febreiro de 2023.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2011. Consultado o 18 de febreiro de 2023.
- ↑ http://macedonianfootball.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2469:shkendija-fined-their-fans-cant-go-to-away-games&catid=1:domestic&Itemid=63. Falta o
|title=
(Axuda)