Saltar ao contido

CB Salamanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Baloncesto Salamanca»)
Baloncesto Salamanca
Información xeral
Fundación 1993
Desaparición 1996
Cores           Vermello, laranxa
Localización
Cidade España Salamanca, España
Pavillón Municipal de Würzburg
Capacidade 5 000

O Club Baloncesto Salamanca foi un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Salamanca, Castela e León. Fundado en 1993, existiu durante tres temporadas, dúas das cales competiu na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español.[1]

O Club Baloncesto Salamanca foi fundado en 1993 comprando a praza na 1ª División, naquela altura segunda categoría do baloncesto español, ao Askatuak SBT de Donostia. Na súa primeira temporada o equipo finaliza en segundo lugar, clasificando á fase de ascenso á Liga ACB. Nos playoffs consegue gañar na final ao Club Baloncesto Canarias no Ríos Tejera de Tenerife no quinto e definitivo xogo da eliminatoria.

Na temporada 1994−95 o Salamanca debuta na ACB, terminando a temporada con apuros na décimo sexta posición da táboa clasificatoria. Na segunda temporada o club mellora os seus resultados e consegue finalizar a temporada en novena pocisión, adquirindo así o dereito a participar na seguinte temporada na Copa Korać. Porén, debido a problemas financeiros, o club acaba por vender a súa praza, tanto na ACB como na Korać ao Club Baloncesto Granada. Alén da ACB, o Salamanca foi campión da Copa de Castela e León en 1994 e subcampión en 1995.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]

A seguinte é unha lista con todos os adestradores do Salamanca.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Trofeo Castela e León

  • Campións (1): 1994
  • Subcampións (1): 1995

Historial

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1993–94 2 1º Div. 27–14
1994–95 1 ACB 16º 17–21
1995–96 1 ACB 19–19

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]