Banaba
(en) Banaba | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Illas Gilbert, Kiribati | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 81 m | ||||
Dimensións | 3,5 () km | ||||
Superficie | 6 km² | ||||
Páxina web | banaban.com | ||||
Banaba (ou illa Ocean), é unha illa de coral habitada de 5 km² no océano Pacífico, situada ao oeste das illas Gilbert e 300 km ao leste de Nauru. O nome Banaba na lingua local significa "pedregoso". Forma parte da república de Kiribati. O punto máis alto da illa é tamén o punto máis alto de Kiribati, con 81 metros de alto. Xunto con Nauru e Makatea, foi unha das grandes fontes de fosfato do Pacífico. A súa poboación, deportada para explotar os fosfatos da illa, abriu o proceso máis longo da historia, contra o goberno británico.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa foi habitada por melanesios desde o 1.500 adeC. Descubriuse en 1804 por Abraham Bristow pero mantívose relativamente intacta debido á súa illada localización e pequeno tamaño.
En 1900, Albert Ellis, un neozelandés que traballaba para unha compañía británica, descubriu que a illa era rica en fosfato de calcio, unha importante matéria prima para fertilizantes, e convenceu os nativos para asinar – cunha cruz – documentos legais que daban á compañía o dereito de explotar aquel recurso por 50 libras por ano, durante 999 anos. En 1942, a illa foi invadida polos xaponeses e os seus habitantes enviados para campos de traballos forzados noutras illas, unha vez que a súa xa estaba practicamente devastada. Ao final da guerra, os banabenses foron “recuperados” polos británicos e enviados para a illa de Rabi, que actualmente pertence a Fidxi. En 1979, as minas de fosfato foron abandonadas e moitos banabenses regresaron para verificar que o que antes eran 595 hectáreas de foresta tropical, apenas quedaban máis ou menos intactas 150.
Goberno
[editar | editar a fonte]A pesar de formar parte de Kiribati, Banaba é gobernada polo consello de anciáns de Rabi Fidxi que, ademais, teñen un dos 49 deputados do parlamento de Kiribati.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banaba |