Bananas Foster
Aparencia
![]() | |
Tipo de prato | |
---|---|
Sobremesa | |
Datos | |
País | ![]() |
Ingredientes | Plátano, xeado de vainilla, manteiga, azucre moreno, canela, Licor de plátano e ron |
O Bananas Foster é unha sobremesa feita con bananas e xeado de vainilla, cunha salsa feita de manteiga, azucre moreno, canela, ron e licor de banana. A manteiga, o azucre e os plátanos cocíñanse e logo engádese o alcol e flaméase.
Historia
[editar | editar a fonte]O prato creouno en 1951 Paul Blangé no restaurante Brennan's de Nova Orleáns, Luisiana. O nome vén por Richard Foster, un amigo de Owen Brennan que era entón presidente de Comisión do Crime de Nova Orleáns. Prepárase nunha boa cantidade de restaurantes de Nova Orleáns e outras moitas cidades dos Estados Unidos e do mundo.