Banda Municipal de Carballo
País | Galicia |
---|---|
Cidade | Carballo |
Anos de actividade | 1984 |
Tipo de formación | Banda de música |
Membros fundadores | Javier Bardanca (trompetista) |
Circunstancias de creación | 1984 |
Efectivo | ~20 músicos |
A Banda municipal de Carballo é un conxunto musical da vila de Carballo fundado en 1984.[1] Conta con máis de cincuenta membros, e ensaian no Pazo da Cultura de Carballo. Estivo dirixida por José Barros Sada até 1996 e por Vicente Pérez Planells até a súa xubilación en 2015,[2] Dende setembro do ano 2021 está dirixida polo carballés Javier Bardanca.
Dende a súa creación realizou actuacións por toda Galicia e gravacións para a Radio Galega. En 1999 gravou un disco con temas e estilos moi diversos e no 2000 gañou o concurso de xoves intérpretes da Xunta de Galicia, cun concerto que se recolle nun disco editado pola propia Xunta.[1] Tamén gravou un disco no programa Outra+Outra 2006 da fundación Paideia e co patrocinio da deputación da Coruña.
Directores
[editar | editar a fonte]- Vicente Pérez Planells (1984-1986)[1]
- José Barros Sada (1986-1996)[1]
- Vicente Pérez Planells (1996-2016)[1]
- Rafael Espido Lata (2017-2021)[1]
- Javier Bardanca Castro (2021)[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Banda Municipal de Música". Concello de Carballo. Consultado o 12/7/2019.
- ↑ "La Banda Municipal de Carballo animó el inicio de las fiestas". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 6/12/2015.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |