Banda Municipal de Lugo
País | Galicia |
---|---|
Cidade | Lugo |
Anos de actividade | 1869 como Banda de Música de Lugo 1876 como Banda Municipal de Lugo |
Tipo de formación | Banda de música |
Circunstancias de creación | 1869 |
Efectivo | 18 músicos (2019) |
A Banda Municipal de Lugo é unha banda de música da cidade de Lugo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A Banda Municipal de Lugo naceu como iniciativa privada por medio dun padroado privado que se encarga da súa xestión. Se ben considérase que a banda existía con anterioridade, non é ata 1869 cando aparece o primeiro documento que a menciona.[1]
En 1876 a banda é reorganizada por Xoán Montes, quen asume o posto de director ata 1890.[2] O debut da banda renovada ten lugar o 1 de outubro de 1876 cun concerto no que a agrupación interpretou unha das obras favoritas do compositor lucense, a abertura da ópera Il pirata de Bellini.[3]
No ano 1900, logo de máis de 30 anos de existencia, a banda sufriu un paro ata que Ricardo Dorado a retomou un ano despois. De novo a banda cesou as súas operacións en 1936 debido ao encarceramento ideolóxico do que era daquela o seu director, Manuel Sariñena, un paro que se mantería ata o final da guerra civil.[4]
O 9 de agosto de 1963 a banda, integrada daquela por 48 persoas, disolveuse pola imposibilidade económica do Concello de Lugo para sostela. Con todo, a presión social e dos medios fixo que poucos meses despois se reorganizara a agrupación.[4]
No verán de 2018 o Concello de Lugo convocou un proceso para cubrir a praza de director por comisión de servizo. A principios de 2019 anunciouse que Bernardo Méndez Castro dirixiría a formación lucense, que permanecía sen director dende ía ano e medio.[5] Con todo, o nomeamento non chegou a realizarse, xa que o interventor e a vicesecretaria do Concello emitieron informes desfavorables ao non contar coa titulación necesaria para dirixir, ademais varios sindicados recurriron xudicialmente a elección, que estivo rodeada de polémica ao ser Bernardo Méndez o irán do director da Escola Municipal de Música, Carlos Méndez, que formara parte da candidatura de Lara Méndez á alcaldía de Lugo.[6]
Directores
[editar | editar a fonte]Dende 1869 ata a súa conversión en banda municipal, a agrupación estivo dirixida por J. Dorado, a quen sucedeu no cargo Manuel Calvo y Novoa. O compositor lucense Xoán Montes Capón pasou a ocupar a dirección da banda en 1876, sendo o primeiro director da banda logo de pasar a ser municipal.[7]
- Xoán Montes Capón (1875-1884)[3]
- Bernardo Soto, Julián González Llorens, José Cedeira Álvarez, Baldomero Latorre Capón, Benito Lizasuaín e Juan Montañés Marqués (1876-1900)[7]
- Benito Patán, Antonio Martí e Ricardo Dorado (1900-1915)[7]
- Juan González Páramos (1915-1923)[7]
- Manuel Sariñena García (1923-1943)[7]
- Francisco Méndez Rodríguez (1944-1977)[3]
- Indalecio Fernández Groba (1979-1991)[8]
- Rosendo Ivorra Jover (1991-2016)[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Banda Municipal de Música". Concello de Lugo. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019.
- ↑ Calvo Rodríguez, Uxía; López Fojón, Ismael. "Barrio do romanticismo. Capela do Cementerio de San Amaro de A Coruña. Montes Capón, Xoán (Lugo 1840-1899)". laciudadgallegadelosmusicos.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "BANDA MUNICIPAL DE LUGO" (PDF). lugo.es. Consultado o 11 de xullo de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 "El día que la banda municipal de música de Lugo echó el cierre". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de agosto de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Uz, Carmen (2 de febreiro de 2019). "Bernardo Méndez dirigirá la banda tras 16 meses sin apenas conciertos". El Progreso (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Uz, Carmen (22 de xullo de 2019). "La banda municipal de música seguirá sin actuar tras dos años sin director". El Progreso (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2019.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Preguntas frecuentes sobre a Banda Municipal de Música" (en castelán). Concello de Lugo. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ "Indalecio Fernández Groba. Miembro del Jurado" (en castelán). Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia. Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Souto, Enrique G (19 de outubro de 2018). "La Banda Municipal, casi dos años en silencio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2019.