Bandeira branca-azul-branca
Bandeira rusa pacifista | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | febreiro de 2022 |
Cores | Branco Azul |
A bandeira branca-azul-branca (en ruso: Бело-сине-белый флаг, БСБ) é unha bandeira símbolo das protestas contra a guerra de 2022 en Rusia durante a guerra ruso-ucraína (véxase invasión rusa de Ucraína). Segundo os activistas, a bandeira é "un símbolo das persoas que se unen pola paz e a liberdade".[1]
Normalización de tamaño e cor
[editar | editar a fonte]Cor | Branco | Azul | Branco |
---|---|---|---|
pantone | Branco | 2925C [2] | Branco |
CMYK | 0,0,0,0 | 100,41,5,0 [3] | 0,0,0,0 |
RGB | 255.255.255 | 0.131.214 | 255.255.255 |
HTML | #FFFFFF | # 0083D6 [2] | #FFFFFF |
Aínda que algúns activistas queren ver nas cores a paz, a pureza, a prudencia, verdade ou a xustiza, esas cores tamén se empregaron para simbolizar cousas diversas. A mesma bandeira da Mariña Rusa desde 1991 está composta por un sautor azul sobre branco (a tonalidade do azul variou entre celeste e cobalto) e xa era empregada pola Mariña Rusa do século XIX, coincidindo uns anos coa bandeira idéntica do porto da Coruña, empregada como bandeira galega.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]
O primeiro lugar coñecido en usar a bandeira branca-azul-branca foi o sitio web do estado virtual da República de Novgorod, en 2006-2010[5]. A bandeira baseouse na entón bandeira oficial de Veliky Novgorod.[6][7] Unha das institucións de goberno máis importantes da República de Novgorod foi a "Casa de Novgorod", que limitaba os poderes do príncipe en contraste co principado de Vladimir-Suzdal. Segundo o sitio web oficial da bandeira, é "un símbolo da futura 'Rusia Libre', que non parasita símbolos do pasado, libre de asociacións co imperialismo, militarismo e os líderes autoritarios de Rusia"[8].
Propúxose tamén para o seu uso como bandeira alternativa de Rusia.[9]
Foi amplamente usada en relación coas protestas contra a guerra[10]; utilizouse en protestas contra a guerra en Tbilisi, (Xeorxia)[11], en Alemaña,[12] Chipre, e Ekaterimburgo (Rusia).[13]
Oposición das autoridades
[editar | editar a fonte]O 6 de marzo de 2022, a residente de Moscova Anna Dubkova foi detida por un axente de policía por mor da bandeira branco-azul-branca colocada no seu coche. O protocolo sinala que a bandeira é un símbolo de "... protestas contra a guerra espalladas entre as forzas da oposición". O tribunal condenouna a 15 días de prisión segundo o artigo 19.3 do Código de Infraccións Administrativas.[14]
Bandeiras semellantes
[editar | editar a fonte]-
Bandeira do distrito de Chudiv do óblast de Novgorod 1997-2008
-
Bandeira do estado virtual de Veishnoria
-
Bandeira dos alemáns do Báltico
-
Bandeira do cantón de Zug suízo
-
Bandeira de Galiza. Na Idade Media o Reino de Galiza tiña bandeiras brancas e azuis; no XIX adoptou o sautor, coincidindo coa marítima da Coruña, e foi cambiada a pedido de Rusia por coincidir coa da súa Mariña.[15]
-
Bandeira da Mariña do Imperio Ruso até 1917 e da Mariña da Federación Rusa desde 1991, e do Porto da Coruña e de Galiza no século XIX.
-
Bandeira naval da frota do Mar Negro e do Mar de Azov da Mariña Rusa
-
Bandeira de Finlandia en 1920. Anteriormente, no século XIX, fora proposta como bandeira nacional finesa unha similar á bandeira galega vixente. A actual bandeira finlandesa oficial é dun azul máis escuro.
-
Bandeira civil do Salvador no século XIX.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Флаг прекрасной России будущего". Consultado o 2022-03-06.
- ↑ 2,0 2,1 "Флаг прекрасной России будущего". Consultado o 2022-03-06.
- ↑ "По многочисленным заявкам публикую больше деталей про флаг." (en portugués). Consultado o 2022-03-15.
- ↑ "Bandeira Galega ; Coruña (sub)mariña". Bandeira Galega ; Coruña (sub)mariña. Consultado o 2022-04-18.
- ↑ "Major Cities of Novegrad". 2010-06-11. Archived from the original on 11 de xuño de 2010. Consultado o 18 de abril de 2022.
- ↑ "State Symbols".
- ↑ "Novegrad FAQ".
- ↑ "Flag of the Wonderful Russia of the Future" (en inglés). Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Почему мы ненавидим Россию 6. Культурный код". 2013-11-25.
- ↑ "В твиттере придумали новый флаг России - бело-сине-белый" (en ruso). 3-03-2022. Consultado o 6-03-2022.
- ↑ "twitter.com/inga_kudracheva/status/1499066767473356807" (en ruso). Consultado o 6-03-2022.[self-published]
- ↑ "Фотографии с нашей вчерашней демонстрации в Берлине." (en ruso). Consultado o 7-03-2022.[self-published]
- ↑ "На улицах Екатеринбурга развешивают зеленые ленточки против военных действий в Украине" (en ruso). Consultado o 7-03-2022.
- ↑ "Суды и другое давление из-за акций в поддержку народа Украины и против войны" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-03-07.
- ↑ "Bandeiras Cristiás Galegas: A Cruz de Santo André, orixe da moderna bandeira galega". www.bandeiragalega.com. Consultado o 2022-04-18.