Bandeira da Terra
A bandeira da Terra é unha bandeira ficticia que non foi adoptada oficialmente por ningún organismo internacional. Representa o planeta Terra como entidade xeográfica sen entrar en aspectos políticos, relixiosos ou demográficos.
Historia
[editar | editar a fonte]Dende a primeira celebración do Día da Terra o 22 de abril de 1970, foi utilizada unha bandeira de cor azul escuro coa figura do planeta obtida pola NASA. Esta bandeira está asociada co Día da Terra co obxectivo de concienciar a poboación dos problemas do medio ambiente. Esta bandeira foi deseñada por John McConnell, un activista do pacifismo, sen carácter oficial.
En maio de 2015, o sueco Oskar Pernefeldt, da Facultade de Design Beckmans, en Estocolmo,[1] divulgou o proxecto dunha bandeira para o planeta Terra, sendo ela cun fondo azul e con sete aneis brancos conectados, simbolizando a unión pacífica dos continentes,[2] e con dous obxectivos:[3][4]
- Ser utilizada para representar o planeta Terra.
- Lembrar á xente que compartimos ese planeta, sen importar as fronteiras nacionais; e lembrar que debemos coidar uns dous outros e do planeta no que vivimos.
Esta bandeira podería representar a humanidade en diversos eventos, entre eles, unha posible viaxe tripulada a Marte,[5] ou outros eventos globais, como as Olimpíadas e a Copa do Mundo.[1] Pernefeldt tamén suxire que a bandeira sexa usada en misións científicas de carácter global como en bases científicas na Antártida.[6] Os sete aneis, representando os continentes, deben tamén remitir a unha flor, símbolo da vida na Terra.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Você sabia que, agora, a Terra tem uma bandeira?
- ↑ Esdudante sueco cria 'bandeira da Terra' para missões espaciais
- ↑ Conheça a bandeira que poderá ser utilizada quando a humanidade conquistar outro planeta
- ↑ Conheça a bandeira que a humanidade poderá fincar quando conquistar outro planeta
- ↑ "Esta poderá ser a bandeira usada pela humanidade ao conquistar outros planetas". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ "Estudante sueco cria Bandeira Internacional do Planeta Terra para hastear noutros mundos". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ "Projeto apresenta "bandeira oficial" da Terra e gera polêmica". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ "Se a Terra tivesse uma bandeira, como seria?". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira da Terra |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do proxecto The International Flag of Planet Earth
- Páxina oficial de Earth Flag
- O Planeta Terra agora ten unha bandeira
- Bandeira da Terra na páxina do Día da Terra (en inglés)
- Historia da bandeira da Terra por John McConnell
- A bandeira da Terra en Flags of the World
- Hai unha nova bandeira para representar o planeta Terra?
- Galería da bandeira de Oskar Pernefeldt