Saltar ao contido

Bandeira das Illas Feroe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira das Illas Feroe
Bandeira das Illas Feroe
Características
Uso
Proporción8:11
Adopción23 de marzo de 1948
Cores     Azul     Branco     Vermello

A bandeira das Illas Feroe, tamén coñecida como Merkið en feroés, que significa "a bandeira", consiste dunha cruz nórdica de cor vermella perfilada en azul sobre un pano de cor branca. É semellante ao deseño doutras bandeiras nórdicas, unha tradición estabelecida pola Dannebrog de Dinamarca,[1][2] da cal as Illas Feroe son un territorio autónomo.[3]

As proporcións da cruz nórdica da bandeira son de 6-1-2-1-6 partes no ancho da bandeira e de 6-1-2-1-12 partes ao longo da bandeira.

A bandeira orixinal exhíbese na Igrexa de Fámjin.

A Merkið foi deseñada por uns estudantes feroeses en Copenhague e máis tarde levada ás illas Feroe, onde foi izada o 22 de xuño de 1919. Tras unha década, o seu uso popularizouse, pero seguiu a ser extraoficial.

En abril de 1940, as tropas alemás do Terceiro Reich invadiron Dinamarca, e o exército británico tomou o control das illas. Para distinguir os barcos feroeses dos barcos da Dinamarca ocupada, o 25 de abril de 1940, as autoridades británicas aprobaron a bandeira como estandarte das Illas Feroe.

Co acceso das illas ao autogoberno, o 23 de marzo de 1948, recoñécese oficialmente á Merkið como a bandeira nacional das Illas Feroe, e declárase o 25 de abril como Día da Bandeira.

Simbolismo

[editar | editar a fonte]

A cor branca predominante na bandeira representa a pureza do ceo e a escuma das ondas ao bateren contra as costas das illas. As cores vermella e azul atopámolas nos traxes tradicionais dos feroeses, así como tamén nas bandeiras de Noruega e Islandia, representando os vínculos das Illas Feroe con outros países nórdicos.[4]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Andrew Evans (2008). Iceland. Bradt. ISBN 9781841622156. Consultado o 2007-12-31. Legend states that a red cloth with the white cross simply fell from the sky in the middle of the 13th-century Battle of Valdemar, after which the Danes were victorious. As a badge of divine right, Denmark flew its cross in the other Scandinavian countries it ruled and as each nation gained independence, they incorporated the Christian symbol. 
  2. The Australian Flag: Colonial Relic or Contemporary Icon. William Gaunt & Sons. 2010. ISBN 978-9004181489. Consultado o 2007-12-31. The Christian cross, for instance, is one of the oldest and most widely used symbols in the world, and many European countries, such as the United Kingdom, Norway, Sweden, Finland, Denmark, Iceland, Greece and Switzerland, adopted and currently retain the Christian cross on their national flags. 
  3. * Benedikter, Thomas (2006-06-19). "The working autonomies in Europe". Society for Threatened Peoples. Arquivado dende o orixinal o 2008-03-09. Consultado o 2019-08-30. Denmark has established very specific territorial autonomies with its two island territories 
    • Ackrén, Maria (novembro de 2017). "Greenland". Autonomy Arrangements in the World. Arquivado dende o orixinal o 2019-08-30. Consultado o 2019-08-30. Faroese and Greenlandic are seen as official regional languages in the self-governing territories belonging to Denmark. 
    • "Facts about the Faroe Islands". Nordic cooperation. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 1 de xullo de 2015. The Faroe Islands [...] is one of three autonomous territories in the Nordic Region 
  4. Smith/Neubecker: Wappen und Flaggen aller Nationen. München 1981; ISBN 3-87045-183-1

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]